Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Investigación

 

RESUMO DOS RESULTADOS NA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este é un resumo dos resultados preliminares que obtivemos no estudio epidemiolóxico 'Avaliación dos factores de risco das infeccións respiratorias'. Para unha mellor comprensión, evitaremos a terminoloxía técnica na medida do posible. Nembargantes, se vostede quere ampliar algunha información, póñase en contacto connosco e atenderémolo gustosos.

Metodoloxía

Estudio de Cohortes na poboación do persoal da Universidade de Santiago de Compostela (2.838 persoas).

- Cuestionario inicial, co que se establece a clasificación dos individuos para cada factor de risco (ambiente familiar e laboral, factores psicolóxicos, dieta e consumo de alcol e tabaco).

- 4 cuestionarios trimestrais, cos que se ten un seguimento do individuo para saber se se produce unha infección e avaliar se o seu nivel de estrés ten relación coa aparición da infección (o único factor de risco estudiado que supoñemos que varía co tempo).

Ás persoas que non contestan a un envío, fáiselles un reenvío, e se tampouco se ten resposta, dáselles de baixa no seguimento. Por motivos técnicos, ó grupo dos PAS e ó dos profesores do Campus de Lugo fíxoselles un só envío para cada tipo de cuestionario, con independencia de se contestaban ou non ós anteriores.

Avaliación da participación

Responderon ó cuestionario inicial 1.149 persoas (participación media do 40,5%), das que o 40% remataron o estudio contestando a tódolos cuestionarios. Paradoxicamente, houbo máis participación nas persoas ás que non se lles fixo reenvío (58,6% fronte ó 47,8%).

Por sectores de profesorado, a Facultade con maior participación inicial foi a de Psicoloxía (61%), e a de menor foi a de Física (30%).

As cifras de participación máis altas entre os profesores que remataron o estudio déronse nos da Facultade de Psicoloxía (75%) e Farmacia e Veterinaria (63%).

Descripción da poboación

Na táboa seguinte amósanse diversas características das persoas segundo o grupo ó que pertencen.
En negriña figuran as diferencias estatísticamente significativas entre sexos, e en cursiva entre profesorado e PAS.

 

Profesorado

PAS

Muller

Home

Media

Muller

Home

Media

%

Idade (anos)

 

40,7

37,8

59,3

42,1

69,1

40.3

57,2

36,6

42,8

37,5

30,9

37,0

Hábito de fumar

Nunca fumaron (%)

Ex fumadores (%)

Fumadores diarios (%)

Nº pitillos/día

 

 

44,9

23,1

23,4

13,0

 

39,1

31,5

20,4

15,1

 

41,5

28,1

21,6

14,2

 

33,7

25,7

32,2

14,4

 

31,8

22,5

35,1

16,1

 

32,9

24,4

33,4

15,1

Consumo de alcol

Abstemios (%)

Bebedores habituais (%)

gr alcol/semana

 

 

29,8

  8,3

53,2

 

11,1

33,2

99,5

 

18,7

23,1

83,4

 

38,9

12,1

61,4

 

13,3

40,8

127

 

27,6

27,9

96,1

Factores psicolóxicos

Grao de ánimo negativo (1)

Grao de ánimo positivo (1)

Grao de estrés (1)

 

 

110

226

104

 

97

235

100

 

102

231

102

 

117

216

110

 

97

216

108

 

108

216

109

Entorno familiar e social

Nº fillos

Nº nenos pequenos

 

 

0,94

0,26

 

1,31

0,32

 

1,16

0,29

 

0,86

0,29

 

1,11

0,36

 

0,96

0,32

Dieta alimenticia

mg vitamina C diarios

mg cinc diarios

 

 

302,6

  8,53

 

232,5

  8,15

 

260,9

  8,3

 

322

  8,68

 

214,6

  8,35

 

276,2

  8,5

Puntuación de síntomas (2)

Infeccións referidas en cada envío

Infeccións reais en cada envío

% infeccións reis totais (3)

79,2

36,5

  9,9

24,1

66,4

35,9

  9,4

21,0

71,8

36,1

  9,6

22,3

99,6

50,4

17,8

37,9

82,8

48,1

11,9

27,6

92,4

49,5

15,0

33,5

                                                    (1): Índice nunha escala de 0 a 400
                                                    (2): Índice nunha escala de 0 a 300
                                                    (3): Excluindo repeticións na mesma persoa

Incidencia de infeccións respiratorias

Estableceuse unha infección en base a superar un índice de síntomas de 150, nunha escala de 0 a 300, xunto con resposta positiva á sensación subxectiva de catarro e á secreción nasal durante máis de 2 días seguidos.

En cambio, a poboación inclúe como casos de infeccións pequenas alteracións producidas por outras causas distintas dos virus respiratorios que producen síntomas con moi baixa intensidade.

Con estes criterios só se incluiron como caso de infección a unha de cada catro persoas que tiveron a sensación subxectiva de ter padecido un catarro. Así, houbo un 11% de persoas consideradas infectadas en cada envío mentres que se declararon como tais o 45%.

Cabe destacar que a incidencia de infeccións nos meses cálidos, nos que se esperaban menos valores, foi aproximadamente a metade da dos meses máis fríos.

Factores de risco das infeccións respiratorias

As mulleres refiren un índice de síntomas un 23,7% máis alto que os homes, e contraen a infección un 30,5% máis que os homes (diferencia estatísticamente significativa).

Os factores psicolóxicos son o elemento de risco máis importante das infeccións respiratorias. As persoas con meirandes índices de estrés percibido tiveron un risco máis de dúas veces maior que as menos estresadas.
As persoas con maiores valores de ánimo negativo tiveron un risco casi catro veces maior de contraer infeccións. Asímesmo, as persoas con meirandes valores de estado de ánimo positivo tiveron a metade de infeccións que as de menos ánimo positivo (estes dous conceptos non son antónimos).

En canto ó papel do consumo de alcol, parece que un consumo moderado (arredor de dous vasos de viño diarios) exerce un certo carácter preventivo á hora de coller infeccións. Nembargantes, este efecto tense que establecer cunha meirande precisión nun estudio posterior cun maior número de persoas.

Non se obtivo relación entre o consumo de tabaco e a aparición de síntomas nin sobre a intensidade destes. Igual que no caso anterior, é posible que esta ausencia de efecto sexa debida ó pequeno tamaño desta mostra.

Ter no contorno familiar nenos pequenos eleva nun 55% a aparición de infeccións e nun 19,6% a intensidade dos síntomas (diferencia estatísticamente significativa).

Non se puido observar relación entre a aparición de infeccións e os hábitos sociais como bicar ós amigos, estreita-la man e intercambiar obxectos. Tampouco se observou tal relación coa inxesta de baixas doses de vitamina C ou cinc na dieta alimenticia.

¡¡¡Gracias pola súa colaboración!!!

Para dilucidar cunha meirande claridade o papel destes e outros factores de risco na aparición destas infeccións, o Fondo de Investigacións Sanitarias tivo a ben prover os fondos para aumentar o número de persoas seguidas. Así, o estudio estase a amplar ás outras universidades de Galicia xunto coas universidades das Illas Canarias.

Prof. B. Takkouche
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
Facultade de Medicina
Universidade de Santiago de Compostela
Rúa San Francisco, s/n
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 981563100 - Ext. 12268
Fax: 981572282
Correo electrónico:   mrbahi@usc.es

Inicio