Estimada Dra. Lourdes Maceiras:
 
    Moitas gracias pola pirámide das calendas.
 
    A miña participación (sobre todo si é fundamental) nun proxecto de investigación financiado implica necesariamente un beneficio directo que, dado que "time is money", tradúcese, ben en figurar oficialmente como coparticipante, ou ben como coautor nos traballos que se publiquen, de xeito que se enriqueza o meu "curriculum" e así poder aspirar as promocións pertinentes no meu posto de traballo.
 
    Como obviamente este non é o caso, é os únicos beneficiados polos resultados do estudio van a ser vostedes, a miña colaboración deberá ser adecuadamente remunerada (calcule o que un fontaneiro lle cobra por hora de traballo e multiplíquea por dous; xa non pretendo falar da minuta dun médico, que normalmente non é doutor).
 
    Agradecendo de antemán a súa comprensión, reciba un saúdo.
 
        Un Ph. D.  e  Unha Ph. D.

 

Inicio