Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Manifesto 2000


2.000: Ano Internacional da Cultura de Paz

Cultivemos a Paz

Por un novo comezo

* O ano 2.000 debe constituír un novo comezo, unha ocasión para transformarmos xuntos a cultura de guerra e de violencia nunha cultura de paz e de non-violencia. Esta transformaión esixe a participación de todos e cada un de nós. Debe ofrecerlle á xuventude e ás xeracións futuras valores que lles axuden a forxar un mundo máis xusto, máis solidario, máis libre, digno e harmonioso, e máis próspero para todos. A cultura de paz fai posible o desenvolvemento duradeiro, a protección do medio e a realización persoal de cada ser humano.

* A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou, en novembro de 1997, o ano 2.000 Ano Internacional da Cultura de Paz. A UNESCO coordina as actividdes dese Ano Internacional no mundo enteiro.

* Un grupo de Premios Nobel da Paz, reunidos en París con motivo do quincuaxésimo aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos, creou o Manifesto 2.000 por unha cultura de paz e non-violencia (entre os seus primeiros signatarios: Norman Borlaug, Adolfo Pérez Esquivel, Dalai Lama, Mijaíl Serguéievich Goebachov, Mairead Maguire, Nelson Mandela, Rigoberta Menchú Tum, Shimon Peres, José Ramos Horta, Josep Roblat, Desmond Mpilo Tutu, David Trimble, Elie Wiesel, Carlos felipo Ximenes Belo). O texto do Manifesto, que se deu a coñecer oficialmente en París o 4 de marzo de 1999, está á sinatura do público a través do mundo. O obxectivo é reunir cen millóns de sinaturas no limiar do terceiro milenio, cando se celebre a Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro do ano 2.000.

Federico Mayor Zaragoza

 

* Manifesto 2.000 por unha cultura de paz e de non-violencia:

Recoñecendo a miña parte de responsabilidade ante o futuro da humanidade, especialmente das nenas e nenos de hoxe e de mañá, comprométome na miña vida diaria, na miña familia, na miña comunidade, no meu país e na miña rexión, a:

1. Respectar a vida e a dignidade de cada persoa, sen discriminación nin prexuízos.

2. Practicar a non-violencia activa, rexeitando a violencia en tódalas súas formas: física, sexual, psicolóxica, económica e social, en particular cara ós máis débiles e vulnerables, como os nenos e adolescentes.

3. Compartir o meu tempo e os meus recursos materiais cultivando a xenerosidade para terminar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.

4. Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural privilexiando sempre a escoita e o diálogo, sen ceder ó fanatismo, nin á maledicencia e ó rexeitamento do próximo.

5. Promover un consumo responsable e un xeito de desenvolvemento que teña en conta a importancia de tódalas maneiras de vida e o equilibrio dos recursos naturais do planeta.

6. Contribuír ó desenvolvemento da miña comunidade, propiciando a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos, ca fin de crearmos xuntos novas formas de solidariedade.


Asinar preferentemente no sitio:
http://www.unesco.org/manifesto2000

ou enviar este documento asinado a:
Ano Internacional da Cultura de Paz
UNESCO
7, Place FontenoyF-75352 París 07 SP
Francia
Fax: 00 33 1 45 68 56 38

Apelidos
Nome
Data de nacemento
Sexo
Cidade de residencia
País
Data e sinatura

 

Inicio