Proxecto sobre Vending Saudable
na Universidade de Vigo

 

                                                                  
Green Campus                                                                                                     

 

O Campus de Pontevedra é o único Campus galego cunha bandeira de Green Campus.

O 21-7-2016 o Comité Ambiental do Green Campus aprobou o Plan de Acción para o curso académico 2016-2017, que recolle o compromiso do Campus de Pontevedra.

Un dos obxectivos do Programa Green Campus é articular o compromiso adquirido pola universidade en favor dun desenvolvemento máis sustentable e equitativo. E este Plan de Acción, dentro do Obxectivo 7, recolle, na súa Acción 7.15, a realización dunha enquisa sobre alimentación saudable, centrada nas máquinas expendedoras de bebidas e alimentos que temos nas facultades da Universidade de Vigo, que imos levar a cabo dende a Facultade de Fisioterapia.

 

Alimentación saudable
tamén nas máquinas que expenden
alimentos e bebidas
(máquinas vending)

 

Para lograr reducir os factores de risco para a saúde son necesarias varios frontes de estratexias de hábitos saudables, e a alimentación é un deles.

Comer entre horas non é malo, mesmo é recomendable se se elixe a opción adecuada para manter o equilibrio entre a inxesta e o gasto de enerxía.

As persoas necesitamos que  as contornas nas que vivimos nos faciliten a adopción de hábitos saudables. E as máquinas que expenden alimentos e/ou bebidas, ou máquinas de vending, que atopamos nos nosos lugares de traballo, centros deportivos, hospitais ou centros de ocio, con frecuencia conteñen produtos cunha grande cantidade de graxas, azucre ou sal.

Para levar unha alimentación saudable, a vontade persoal é fundamental, pero non suficiente. As persoas necesitamos que as contornas nas que nos movemos (laboral, educativa, comunitaria…) nos axuden a manter uns hábitos de vida saudables.

 

Por iso este proxecto do Green Campus é realizar unha enquisa ao conxunto poboacional da comunidade da Universidade de Vigo.

Os obxectivos deste proxecto son:

* Coñecer as preferencias de alimentos e bebidas que se consumen entre horas, e que son adquiridos nas maquinas expendedoras (vending), entre as persoas traballadoras e estudantes da Universidade de Vigo, para identificar os seus hábitos alimenticios e poder establecer pautas de mellora de cara a unha alimentación saudable.

* Concienciar e involucrar a estas persoas consumidoras para que realicen unha elección, tanto de alimentos como de bebidas, adecuada, que axude a manter unha alimentación saudable, fomentándoa entre iguais.

Como se vai levar a cabo este proxecto?:

Enviarase unha carta a toda a comunidade da Universidade de Vigo (PDI, PAS e alumnado), como poboación usuaria final destas máquinas expendedoras, a través do correo electrónico, invitándoa a responder o cuestionario autoadministrado, a través da plataforma de Google, onde, cada persoa que responda, accederá a esta plataforma para escribir a súa resposta de xeito totalmente anónimo.

Para participar non tes máis que entrar no enderezo:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfD1JsTbZmKKvGEIfae378OxXZRuHUAecJOd11eftPCmrqJzg/viewform

e responder, de maneira anónima, as 10 preguntas que hai sobre o tema, e as 7 sociodemográficas que te sitúan na nosa comunidade; e, se o desexas, podes engadir suxestións.

 

Sen a túa participación e compromiso o estudo non será posible, así que... animámoste a colaborar nel por unha Universidade Saudable!

E dámosche as grazas, de antemán, porque a túa participación é moi valiosa para mellorar o coñecemento de moitos dos problemas de saúde previbles dos nosos días.

 

Máis información sobre o Green Campus en:

http://campuspontevedra.uvigo.es/index.php?id=125

 

Dende: xullo 2016

 

Comentarios, suxestións, petición de información, etc. a:  

 

Inicio