I Exposición colectiva itinerante

Médicos artistas plásticos de Galicia no Camiño

2008

 

                        

 

Datos das obras nesta exposición

 

* Importante é que o tamaño das obras sexa un 10P (55x38 ou 38x55) ou 10F (55x46 ou 46x55) -aproximado, pero "non sobrepasado"-.

* As obras deben levar pegada unha etiqueta (ben pegada) na traseira coas referencias: nome do autor, título, técnica, soporte e medidas en cms (horizontal X vertical), ano de realización. (Para as cartelas e a identificación do cadro depositado).

* As obras deben ser entregadas ou recibidas no "Concello de Palas de Rei" os días 5 de xuño -xoves- (de 9 a 15 h ou pola tarde de 16,15 a 18 h.) e o 6 de xuño -venres- (de 9 a 15 h.). Será entregado pola persoa do Concello que reciba a obra, un xustificante de recepción das 2 obras por autor.

* Tendo en conta que as obras teñen que ser fotografadas e as fotos estar na imprenta o día 9, luns. O PRAZO DE ENTREGA SERÁ ABSOLUTAMENTE RIGOROSO de tal xeito que si alguén non entregou a obra ás 15 h do venres non poderá xa ser incluído no Catálogo, aínda que poderá expor as súas obras.

* No referente ao texto para o catálogo (biografía e curriculum) vou facilitar as condicións que nos envia a imprenta: é preciso seguir unhas pautas comúns para os textos do catálogo, así ningún ocupará máis espazo que outro e se favorecerá a maquetación do catálogo. As directrices deben ser:
     - texto a 12 puntos
     - interlineado 1,5
     - unha carilla
     - marxe de 2 cm.

* Tamén é moi importante que nos mandedes co envío do texto: os datos das dúas obras (autor, título, técnica, soporte, medidas e ano de realización, para acompañar á imaxe da obra no catálogo). O texto pode dirixirse á nosa dirección de correo electrónico, con data límite 4 de xuño de 2008. PRAZO TAMÉN ESTRICTAMENTE RIGOROSO.

 

Volver á páxina anterior