Exposición colectiva
Médicos artistas plásticos de Galicia
no Barco de Valdeorras (Ourense)
2009
O Barco de Valdeorras
Do 6 ao 27 de xuño de 2009.
Na Sala de Exposicións de Caixanova (Praza Príncipe de Asturias, 1).
Horarios de visita: de luns a sábado, de 19 a 21 h. Domingos e festivos pechado.
Inauguración da exposición: sábado 6 de xuño ás 13,30 h.
Persoas que participan nesta exposición:
José Luis Bueno
Victoria Castro
Antonio Díaz Pedreira
Generosa Franco
X. García - Albeos
Ignacio Granero
Cesáreo Hernández Pérez
Mercedes Hernández Ruiz
Mario Hortas Guldrís
J. Luis Iglesias Diz
Lourdes Maceiras
Miguel Á. Mantilla
Xoán Piñón
Manuel Robles
Alberto R. Costa - O Ferreiro
Xesús Vázquez
Fidel Vidal
Xan Vieito
Roberto Vila
Temática das obras: libre.
Tamaño e número: Os escultores (tres persoas) poden levar tres obras. Os fotógrafos (dúas persoas) e gravador (unha
persoa) poden levar dúas obras, xa que o tamaño da obra adoita ser menor. Os
pintores, unha obra cada un dun tamaño "ata 25 F", o que ven sendo
aproximadamente "ata" 81 cms polo lado maior (obviamente "ata 81 cm" é
medida máxima, NON medida obrigatoria).
“As obras deben levar pegada
unha etiqueta (ben pegada) na traseira coas referencias: nome do/a autor/a,
título, técnica, soporte, medidas en cms (horizontal X vertical), e ano de
realización. (Para as cartelas e a identificación do cadro depositado).”
Tamén hai que levar unha tarxeta (tamaño tarxeta de visita) ou cartolina dese
tamaño (máis ou menos), cos mesmos datos, para poñela xunto á obra na exposición
(lembrade que non temos 'montadores' da exposición e témola que montar
nós).
Sobre as 10,30 ou 11 h do día 6, xa estará o coordenador da exposición e outra xente do colectivo alí para ir colgando as súas obras ou poñéndoas nas peanas, e axudar aos demais, para que cadaquén colgue as súas (autonomía e solidariedade). Hai que estar aló, como moi tarde, ás 12,30, para que ás 13 h estea todo rematado. Lembrade que a inauguración é ás 13,30 h. (Lembrade tamén que recolleremos o día 27).
Despois: xantar de familia.
Antes: para a xente que queira estar xa o venres pola tarde aló e durmir xa no lugar “de autos”..., as dúas mellores opcións:
Hotel Pazo do Castro: http://www.pazodocastro.com
Complexo Hosteleiro Paladium: http://www.chpaladium.es
Saúda do Presidente do Colexio Médico de Ourense:
NON desesperedes, co tempo teremos eiquí fotos desta exposición...
Colexio Oficial de Médicos de Ourense:
http://www.cmourense.org/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=519
http://www.cmourense.org/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=528