Persoas

Medicina e Arte
en Galicia

 

                        

 

Leticia (Leticia Vila Sexto)

Nace en Clichy - La Garenne (Francia), pero con raíces profundamente galegas, engarzadas no Val de Lemos, dende Pantón a Terras do Incio (Lugo).

O hábil manexo de lapis, xices e pinceis dende a súa primeira infancia, impulsou aos seus pais a inscribila en clases de Arte, que aproveitou con éxito, alcanzando o Primeiro Premio no Concurso de Pintura convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña cando ela tiña 10 anos, sendo membros do Xurado Cualificador D. Felipe Criado Martín, D. Manuel Rodríguez Maneiro e D. Francisco Pablos Holgado.

O interese crecente pola arte de pintar compaxinouno máis adiante cos estudos de Medicina na Universidade de Navarra, acadando o título de Licenciatura coa cualificación de Sobresaínte, e o de Doutoramento.

A súa primeira Especialidade en Alerxia e Inmunoloxía, vía MIR, desenvolveuna no Hospital Clínico Universitario de Pamplona, culminándoa no Mount Sinai Hospital de Nueva York, coa axuda dunha bolsa convocada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña.
Máis tarde, ao seu regreso, e a través de concurso e novo exame MIR, especializouse en Pediatría no Hospital Universitario La Fe de Valencia.

Actualmente exerce a profesión médica como pediatra no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), alternándoa co desenvolvemento da súa pintura, que pode cualificarse de tendencia neo-impresionista con influencias, quizais, de Pierre Bonnard (tardío), menos intimista, pero dándolle tamén grande valor á expresión con cores vivos e pigmentos, que LETICIA combina habilmente aplicándoos ‘a la prima’ sobre calquera tipo de soporte, polo que resulta fascinante contemplar a ensoñación que reflexa a súa pintura.

Roberto Vila Rodríguez

 

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:

2009 - ‘Medicina e Arte, outro Camiño’. Na Igrexa da Madalena (Local Social da Madalena), Ribadavia (Ourense).

 

http://sgaic.org/wordpress/?page_id=10

http://www.unav.es/memoria/98-99/medicina/alergologia.html

http://tesis.com.es/autores/vila-sexto-leticia/

http://www.cibernetia.com/tesis_es/CIENCIAS_MEDICAS/PATOLOGIA/ALERGIAS/2

http://www.becariosbarrie.org/pdfs/Boletin4.pdf

http://www.mssm.edu/profiles/leticia-vila-sexto

http://www.aeped.es/premios-las-mejores-comunicaciones-1 (2006)

http://external.doyma.es/pdf/37/37v64nSupl.3a13088322pdf001.pdf

http://www.sopega.es/adjuntos/1291043802.doc

http://www.unav.es/alumni/reunionanual/ra09/med94nosotros.html

http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=911

http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=1713

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2798_4_96601__galicia-corazon-mochila

 

Camiño. Acrílico s. táblex, 50 x 60 cm, 2008.

 

© Os dereitos de autoría desta páxina corresponden á persoa referenciada nela e a quen fixo a reseña.

 

Volver á páxina índice