Exposición colectiva

'Medicina e Arte, outro Camiño'

en Ribadavia (Ourense)

2009

 

                        

 

Datos da exposición en Ribadavia

 

Do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2009.
Na Igrexa da Magdalena.
Horarios de visita: de mércores a domingo, de 11 a 13 e de 18 a 20 h. Luns e martes pechado.

Inauguración da exposición: venres 9 de outubro ás 20 h.

Envío das obras: os días 7 e 8 de outubro, entre as 10 h. e as 14 h., podedes levalas ao Concello de Ribadavia, ou ben envialas por mensaxería á atención de: "Manoli / Concellería de Cultura / Concello de Ribadavia".

Na primeira semana de outubro (que ven sendo nos días 1 --> 4), temos que ter XA os datos da obra, que son os mesmos que teñen que ir pegados por detrás (ou onde sexa) das obras, os que pon máis abaixo nesta mesma páxina (nome do/a autor/a, título, técnica, soporte, medidas en cms [horizontal X vertical], e ano de realización), para poder facer as cartelas.

Despois da inauguración, o venres 9 de outubro: cea de familia.
A cea será no Balneario de Arnoia.
A
día 1 de outubro temos que saber xa quen ides e con canta xente (isto é como o das esquelas, salvando as diferencias..., con parella, fill@s, tí@s, curmáns, amizades e demais familia...).

Despois: durmida ¿en...? Está proposto como base o lugar da cea: o Balneario de Arnoia.
Perto está tamén o balneario de Laias, hai unha morea de casas de turismo rural pola zona
e tamén hoteliños/hostais en Ribadavia...
O luns posterior, é día 12 e é festivo, tede isto en conta para chamar e reservar axiña habitación onde queirades.
Se colledes habitación no Balneario de Arnoia,
avisade, cando reservedes, de que sodes deste grupo.

Información sobre os balnearios e os seus servizos en:

http://www.caldaria.es

 

Temática das obras:
* Para a exposición itinerante do ano que ven: o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro (ou o Camiño, ou O Ribeiro en xeral). Neste Camiño hai moito románico, igrexas, mosteiros, pontes medievais, natureza..., hai motivos dabondo.
[Algunhas persoas preguntarades que que se podería pintar ou fotografar da comarca do Ribeiro... Ben, pois... datos concretos (da "ofi" de Turismo de Ribadavia...):
* En Cortegada: Pontedeva
.
* En Ribadavia moitas cousas: Barca de Corveira, Igrexa de Santiago, (
a Igrexa de San Xoán, a Igrexa de Santa María de Oliveira, a antiga leprosería... da que tan só queda a Capela (Capela de San Lázaro) e o cruceiro que agora está no cemiterio municipal
...), Ponte da Veronza...
* En San Cristovo de Regodeigón: a Igrexa
.
* En Beade: Igrexa da Encomenda de Beade.
* En Pazos de Arenteiro: a Igrexa e a Ponte medieval.
* En Forcarei (provincia de Pontevedra): o Mosteiro.
* etc. (mil etcéteras...) (á abraiante a cantidade de igrexas románicas preciosas que hai por calquera recuncho desta comarca..., e cemiterios antigos..., algúns deles xa bastante escarallados polos panteóns novos que se están a facer...).]

* Para a deste ano previa: temática libre, a non ser que xa se teña algo preparado para a do ano que ven, e xa se exporía neste.

Tamaño e número das obras:
* O tamaño ten que ser COMO MÁXIMO de 12M, 12P ou 12F (61 cm polo lado máis grande do cadro), ou, mesmo, moito mellor que sexa de 10M, 10P, 10F... (55 cm polo lado máis grande).
E pensade tamén que o que medimos é o lenzo, o gravado, as fotos..., pero o que colgamos é iso enmarcado (xeralmente), ou sexa que o que ocupa espazo na parede é habitualmente algo máis grande...
* Número de obras: UNHA obra por persoa, para pintura, gravado e fotografía (se tedes cadros moi pequenos, como de tamaño folio
-agora xa DIN A4- ou así, podedes levar DOUS), e DÚAS obras por persoa para a xente que fai escultura.
O grupo estase ampliando, coas avantaxes e inconvenientes que ten iso...

As obras deben levar pegada unha etiqueta (ben pegada) na traseira coas referencias: nome do/a autor/a, título, técnica, soporte, medidas en cms (horizontal X vertical), e ano de realización. (Para as cartelas e a identificación do cadro depositado).”

 

Persoas que participan nesta exposición:

M. Amigo
Antón Aparicio
José Luis Bueno
Xosé Manuel Cairo Antelo
Jacobo Campuzano
Victoria Castro
Alfonso Caparrós
Delgado
Antonio Díaz Pedreira
Generosa Franco
Pablo Galego
Luciano García Alén
Federico García Cabezón
X. G. - Albeos
Leopoldo García Méndez
Ignacio Granero
Cesáreo Hernández
Mercedes Hernández Ruiz
Mario Hortas Guldrís
J. Luis Iglesias Diz
Lourdes Maceiras
Rosa Moreno
Enrique Pereira Pereiro
Xoán Piñón
Olga Poza
Manuel Robles
Alberto R. Costa - O Ferreiro
Javier Táboas
Pilar Turbón
Xesús Vázquez
Fidel Vidal
Xan Vieito
Roberto Vila
Leticia
Rubén Vilariño Méndez

 

Volver á páxina anterior