II Exposición colectiva itinerante

'Medicina e Arte, outro Camiño'

polo Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro

2010

 

                        

 

Estamos organizando para este ano, 2010 (que é Ano Santo, e o seguinte será dentro de 11 anos), outra exposición itinerante, esta vez polo Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro.

Fixemos unha exposición previa en outubro e novembro de 2009, en Ribadavia, na Igrexa da Magdalena. O obxectivo desta exposición foi a presentación pública e aos medios de comunicación da exposición itinerante do ano 2010.

 

Temática das obras:

O Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro (ou o Camiño, ou O Ribeiro en xeral). Neste Camiño hai moito románico, igrexas, mosteiros, pontes medievais, natureza..., hai motivos dabondo.

[Algunhas persoas preguntarades que que se podería pintar ou fotografar da comarca do Ribeiro... Ben, pois... datos concretos (da "ofi" de Turismo de Ribadavia...):
* En Cortegada: Pontedeva
.
* En Ribadavia moitas cousas: Barca de Corveira, Igrexa de Santiago, (
a Igrexa de San Xoán, a Igrexa de Santa María de Oliveira, a antiga leprosería... da que tan só queda a Capela (Capela de San Lázaro) e o cruceiro que agora está no cemiterio municipal...), Ponte da Veronza...
* En San Cristovo de Regodeigón: a Igrexa
.
* En Beade: Igrexa da Encomenda de Beade.
* En Pazos de Arenteiro: a Igrexa e a Ponte medieval.
* En Forcarei (provincia de Pontevedra): o Mosteiro.
* etc. (mil etcéteras...) (á abraiante a cantidade de igrexas románicas preciosas que hai por calquera recuncho desta comarca..., e cemiterios antigos..., algúns deles xa bastante escarallados polos panteóns novos que se están a facer..., natureza animal, vexetal ou mineral..., paisaxes, paisanaxes...).]

Tamaño e número das obras:

* O tamaño ten que ser COMO MÁXIMO de 12M, 12P ou 12F (61 cm polo lado máis grande do cadro), ou, mesmo, moito mellor que sexa de 10M, 10P, 10F... (55 cm polo lado máis grande).
E pensade tamén que o que medimos é o lenzo, o gravado, as fotos..., pero o que colgamos é iso enmarcado (xeralmente), ou sexa que o que ocupa espazo na parede é habitualmente algo máis grande...
Por favor RESPECTADE estes tamaños, porque senón despois, na exposición, quen si os respecta queda cunha obra "cutre", aparentemente, no medio das demais... E somos moitas persoas para o tamaño que adoitan teren as salas de exposición.
* Número de obras: UNHA obra por persoa, para pintura, debuxo
, gravado e fotografía e DÚAS obras por persoa para a xente que fai escultura.
O grupo estase ampliando, coas avantaxes e inconvenientes que ten iso...

 

Persoas que confirmaron a súa participación nesta exposición a día de hoxe (31-03-2022):

M. Amigo
Antón Aparicio
José Luis Bueno
Xosé Manuel Cairo Antelo
Pedro Callejas Cabanillas
Alfonso Caparrós
Victoria Castro
Delgad
o
Antonio Díaz Pedreira
Generosa Franco
Pablo Galego
Luciano García Alén
Federico García Cabezón
Leopoldo García Méndez
Ignacio Granero
Cesáreo Hernández
Mercedes Hernández Ruiz
Mario Hortas Guldrís
J. Luis Iglesias Diz
Lourdes Maceiras
Ana Martínez
Rosa Moreno
Carmen Murías
Enrique Pereira Pereiro
Antonio Piñeiro
Xoán Piñón
Olga Poza
Manuel Robles
Alberto R. Costa
Carmen Suárez Cabezas
Javier Táboas
Pilar Turbón
Xesús Vázquez
Fidel Vidal
Xan Vieito
Roberto Vila
Leticia
Rubén Vilariño Méndez

 

Obras de texto:

Como sabedes, nesta exposición ábrense as portas á expresión literaria, e terán cabida nela textos de compañeiras e compañeiros que escreben. A primeira idea foi que a cada obra de artes plásticas lle acompañara unha obra de artes lingüísticas..., pero... ampliaríasenos bastante o espazo necesario..., así que imos conformarnos con que, de momento, haxa textos ademais de imaxes, sen meternos nos números, que poden darnos dores de cabeza...
¿Tamaño destas obras?... Estaría ben un
DIN A3 (29,7 cm x 42 cm).
¿Temática? A mesma ca para as obras de artes plásticas, en calquera das súas expresións: poesía, prosa, teatro, ensaio...

Obras sonoras:

É a nosa materia pendente... Sería interesante que as artes musicais acompañaran tamén á exposición deste ano... ¿Algunha idea?...

 

As obras deben levar pegada unha etiqueta (ben pegada) na traseira coas referencias: nome do/a autor/a, título, técnica, soporte, medidas en cms (horizontal x vertical), e ano de realización. (Para as cartelas e a identificación do cadro depositado).”

 

 

Este Camiño existe dende sempre, pero aínda non é oficial, ou sexa, aínda non está recoñecido como Camiño de Santiago polos estamentos oficiais eclesiásticos, aínda que en 1783 o arcebispo de Santiago pedíalle ao rexedor do Ribeiro que arranxara determinados puntos deste camiño para que poideran pasar mellor por el peregrinos, viajeros y comerciantes, como consta nos libros existentes no Museo de Ribadavia.
Por isto formouse unha Asociación para acadar o seu nomeamento oficial, e na que se unen persoas de estamentos públicos (concellos das provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, e tamén de Portugal) e privados, organismos e asociacións; persoas de distintas ideoloxías pero cunha finalidade común: visibilizar este Camiño, promocionalo para que sexa outro máis e con máis pelegríns dos que ten agora, e que todo iso sirva para mellorar a calidade de vida desta zona e os seus habitantes.

Un pouco máis de información sobre o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro en:
'O Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro'

 

Exposición colectiva
'Medicina e Arte, outro Camiño'
en Ribadavia (Ourense)
2009

 

Volver á páxina de entrada