Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
Campus de Ourense
Curso académico 2013-2014
Centro - Titulación: Facultade de Ciencias - Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
Materia: Saúde Pública
Código: 101 412 407 0 (C.T. Alimentos) - 191 010 414 (C.T. Ambiental)
Carácter: Troncal
Curso: 4º
Ciclo: 2º
Cuadrimestre: 2º
Créditos: 3 teóricos + 1,5 prácticos = 4,5
Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública (615)
Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde (C01)
Profesorado: Prof. Dra. Lourdes Maceiras García
Titorías:
Pavillón 2, soto, despacho 11
Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web:
http://webs.uvigo.es/mpsp
Datas dos exames oficiais:
-
Fin de Carreira (outubro 2013) / "Decembro":
22 de
outubro, martes,
ás 10 h.
-
Maio
2014:
27 de
maio, martes,
ás 16
h.
-
Xullo 2014:
15 de
xullo, martes,
ás
10
h.
Obxectivos:
Acadar que o alumnado, por medio da adquisición de coñecementos, actitudes e comportamentos, sexa quen de:
Coñecementos previos para cursar a materia:
O alumnado non precisa coñecementos previos específicos sobre a materia para cursala (tan só os legalmente establecidos), pero si unha madurez que lle permita razoala.
Contidos:
A. Temario de aula:
Horas totais A: 30; número de temas: 28.
B. Temario de laboratorio de epidemioloxía:
Horas totais L: 15; número de prácticas L: 15.
Bibliografía:
- G. Piédrola Gil y colaboradores. Medicina Preventiva y Salud Pública.
Barcelona: Masson/Salvat.
- F. Martínez Navarro, J.M. Antó, P.L. Castellanos, M. Gili, P. Marset, V.
Navarro. Salud
Pública. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
- Ll.
Serra Majem, J. Aranceta Bartrina, J. Mataix Verdú. Nutrición y Salud
Publica. Barcelona: Masson.
- R. Burgos Rodríguez, J.A. Chicharro Molero, M. Bobenrieth Astete. Metodología
de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela
Andaluza de Salud Pública.
- W.P.T.
James, A. Ferro-Luzzi, B. Isaksson, W. B. Szostak. Nutrición saludable.
Prevención de las enfermedades relacionadas con la nutrición en Europa.
Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
- J. Ashton, H. Seymour. La nueva Salud Pública. Barcelona: SG/Masson.
- L. Salleras Sanmartí. Educación sanitaria. Madrid: Díaz de Santos.
- R. Pineault, C. Daveluy. La planificación sanitaria. Barcelona: SG/Masson.
-
M. Jenicek, R. Cléroux.
Epidemiología. Barcelona: Salvat.
- M.A. Bobenrieth Astete. El artículo científico original. Estructura,
estilo, y lectura crítica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
- Revista Salud Pública y
Educación para la Salud (en Internet e na Biblioteca da Universidade).
Metodoloxía docente:
Os temas da parte
teórica desenvolveranse
en clases maxistrais e traballos en grupo, de 50 minutos de duración, motivando
a participación do alumnado mediante suxestións e preguntas abertas que
faciliten o diálogo e solucionen dúbidas,
sobre todo nos 10 minutos finais (que completarán os 60 minutos de clase).
Empregaranse medios audiovisuais.
As clases prácticas levaranse a cabo na quincena planificada e coordinada xunto
coas demais Áreas da Facultade, e ao longo do cuadrimestre mediante titorías. O
alumnado ten que facer un traballo individualmente, e pode facer, de xeito
voluntario, en grupo ou individualmente, un traballo ben epidemiolóxico
(as normas para a súa elaboración atópanse aquí)
ou ben de educación para a saúde. Os traballos son titorizados e a súa evolución
hai que levala a cabo co profesorado da materia, así como a decisión dos temas
sobre os que versarán.
Docencia teórica: 2 horas á semana.
Docencia práctica: nas datas dedicadas a ela pola Xunta de Facultade.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
-
Avaliación da docencia de Aula:
Haberá un exame final da materia escrito, con preguntas abertas de resposta
curta, consonte
aos
termos legais establecidos e puntuación de 0 a 10;
non se puntuará negativo, pero non se pode deixar sen contestación efectiva máis
do 25% das preguntas.
Non obstante, terase en conta a participación cotiá do alumnado no
desenvolvemento das clases (avaliación cualitativa continuada).
- Avaliación
da docencia de Laboratorio:
É
obrigatorio facer un traballo, ben epidemiolóxico
ou ben
de educación para a saúde.
Terase
tamén
en conta a participación cotiá do alumnado no desenvolvemento das
prácticas.
- Hai que
superar obrigatoriamente as dúas partes, teórica e práctica, de xeito
independente para poder aprobar a materia.
No caso de aprobar unha parte e non a
outra, gardarase o aprobado dunha convocatoria a outra dentro do mesmo curso
académico, pero non dun curso aos seguintes.
-
É obrigatorio
participar nas actividades que se fan a través da FaiTIC: axenda,
anuncios, documentos e ligazóns, exercicios, foros, grupos e prácticas.
- Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas,
serán os mesmos que para o asistente.
-
Hai que entregar a ficha para esta materia. Se non se dispón da ficha oficial
do Centro, pódese baixar a da Área dende aquí,
cubrila e entregala ou enviala por correo electrónico.
Recomendacións para o estudo da materia:
1. Asistencia regular ás clases
teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.
Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)
Manuais da plataforma TEMA na FaiTIC
Calendario Ensino Non Universitario