Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2016-2017

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Afeccións Médicas

Código: P05G170V01_302

Créditos ECTS: 6

Carácter: Formación Básica (FB)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Coordinadora: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Horario de clases:

- De teoría: luns de 17,45 a 19,45 h; e mércores de 15,45 a 17,45 h.

- De seminarios: luns e mércores de 19,45 a 21,45 h.

 

Titorías:

1º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.
2º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.
Teléfonos: 986 801 750 / 986 801 761.
Fax: 986 801 780.

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

Tamén a través da FaiTIC.

 

Datas dos exames oficiais:

- Convocatoria Fin de carreira (do 17 ao 28 de outubro de 2016) (data límite actas: 25 de novembro de 2016):
* 21 de outubro, venres, ás 17 h.

- 1º cuadrimestre (do 19 de decembro de 2016 ao 19 de xaneiro de 2017) (data límite actas: 4 de febreiro de 2017):
* 19 de xaneiro, martes, ás 12 h.

- Xullo (do 26 de xuño ao 7 de xullo de 2017) (data límite actas: 18 de xullo de 2017):
* 27 de xuño, martes, ás 17 h.

Traballos de Fin de Grao:
- 2º cuadrimestre 2017: 15 de xuño, xoves.
-
Xullo 2017: 20 de xullo, xoves.

 

Contidos:

A. Teoría:

  1. Tema: Neuroloxía.
    Subtemas:
    Función neurolóxica. Enfermidades da 1ª e 2ª neuronas motoras (motoneuronas superior e inferior). Enfermidades da unión neuromuscular e do músculo estriado. Enfermidades da coordinación motora (do movemento.). Enfermidades do sistema extrapiramidal; trastornos hipocinéticos e hipercinéticos. Enfermidades da sensibilidade; dor; patoloxía dos sistemas sensoriais. Enfermidades do Sistema Nervioso Autónomo. Enfermidades da médula espinal. Enfermidades do Sistema Nervioso Periférico. Enfermidades da cortiza cerebral. Enfermidades do estado de conciencia. Enfermidades do líquido cefalorraquídeo e das meninxes. Enfermidades neurovasculares; hipertensión intracraneal.

  2. Tema: Neumoloxía.
    Subtemas:
    Función respiratoria. Insuficiencia respiratoria. Enfermidades do parénquima pulmonar, da pleura e do mediastino. Enfermidades da circulación pulmonar; hipertensión pulmonar; edema pulmonar.

  3. Tema: Cardioloxía e Anxioloxía.
    Subtemas:
    Función cardiocirculatoria. Insuficiencia cardíaca; shock. Valvulopatías. Arritmias cardíacas. Aterosclerosis; isquemia miocárdica. Enfermidades do pericardio. Enfermidades da presión arterial. Enfermidades vasculares periféricas: arteriais, venosas e linfáticas.

  4. Tema: Gastroenteroloxía.
    Subtemas:
    Función dixestiva. Enfermidades do esófago. Enfermidades gastroduodenais. Enfermidades intestinais. Enfermidades do fígado e das vías biliares. Enfermidades do páncreas. Enfermidades vasculares dixestivas. Enfermidades do peritoneo.

  5. Tema: Dermatoloxía.
    Subtemas:
    Patoloxía dermatolóxica frecuente.

B. Seminarios:

  1. Tema: Exploración dos pares craneais.

  2. Tema: Exploración dos reflexos.

  3. Tema: Motivos de consulta frecuentes.

 

Bibliografía (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Rozman C, Cardellach F (eds). Farreras & Rozman. Medicina Interna. Barcelona: Elsevier.

- Kasper DL, Braunwald E, Fauci AS, Hauser SL, Longo DL, Jameson JL (eds). Harrison. Principios de Medicina Interna. México D.F.: McGraw-Hill / Interamericana.

- Goodman CC, Snyder TK. Patología médica para fisioterapeutas. Madrid: McGraw-Hill / Interamericana.

- Pérez Arellano, JL. Sisinio de Castro. Manual de Patología General. Barcelona: Elsevier Masson.

- Laso FJ. Introducción a la Medicina Clínica. Fisiopatología y semiología. Barcelona: Elsevier / Masson.

 

- Blanco FJ, Carreira P, Martín E, Mulero J, Navarro F, Olivé A, Tornero J. Sociedad Española de Reumatología. Manual SER de las Enfermedades Reumáticas. Madrid: Panamericana.

- Barberà JA, Peces-Barba G, Agustí AGN, Izquierdo JL, Monsó E, Montemayor T, Viejo JL, Grupo de trabajo de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR). Normativa SEPAR. Guía clínica para el diagnóstico y tratamiento de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica. Arch Bronconeumol. 2001; 37 (6): 297- 316. [Acceso 20 marzo 2017]. Disponible en: <http://www.archbronconeumol.org/es/guia-clinica-el-diagnostico-el/articulo-resumen/S0300289601750740/>.

- Mandell GL, Bennett JE, Dolin R. Mandell, Douglas and Bennett's. Principles and Practice of Infectious Diseases. Philadelphia (USA): Elsevier.

- Feldman M, Friedman LS, Sleisenger MH. Sleisenger & Fordtran. Enfermedades gastrointestinales y hepáticas. Fisiopatología, diagnóstico y tratamiento. Buenos Aires: Médica Panamericana.

 - Victor M, Ropper AH, (eds). Adams y Victor. Principios de Neurología. México D.F.: McGraw-Hill / Interamericana.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 40 h estudante; 1 grupo; 40 h profesorado.
Grupo B: 8 h estudante; 3 grupos; 24 h profesorado.

Total A + B: 48 h estudante; 64 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 102 h.

Total horas estudante: 150 h.

 

Planificación docente:

Actividades introdutorias: horas na aula: 1 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 1.

Sesións maxistrais: horas na aula: 38 / horas fóra da aula: 82 / horas totais: 120.

Seminarios:  horas na aula: 8 / horas fóra da aula: 20 / horas totais: 28.

Probas: horas na aula: 1 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 1.

(Estes datos de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado).

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Sesións maxistrais: As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas, cunha aprendizaxe activa.

Seminarios: Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permitan afondar ou complementar os contidos da materia.

 

Atención personalizada:

Para actividades introdutorias, sesións maxistrais e seminarios:

1.- O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

2.- Titorías:
Poden realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Lévanse a cabo no horario e lugar indicados arriba (no apartado Titorías), sendo de 6 horas á semana.
Tamén poden realizarse por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS
, ou a través da FaiTIC.

3.- Organización social do traballo do alumnado: Para o desenvolvemento da docencia faranse grupos:
* Grupo A ou grupo grande (hai 1): clases teóricas e exposicións de traballos na aula.
* Grupo B ou grupo mediano (hai 3):
seminarios.
* Individual: exame.

 

Avaliación:

Sesións maxistrais: Haberá un exame final da materia, unha proba tipo test de resposta única. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: acertos - (erros / nº de opcións de resposta en cada pregunta).
Terá un valor do 90% da nota final.

Seminarios: A asistencia aos seminarios é obrigatoria. Realizarase unha observación sistemática do alumnado para recoller datos sobre a súa participación no desenvolvemento deles.
Terá un valor do 10% da nota final.

 

Outros comentarios e segunda convocatoria:

Os criterios de asistencia ás clases, seminarios, etc., rexeranse polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Para poder presentarse ao exame teórico en calquera das dúas convocatorias é obrigatorio asistir aos seminarios.
Para aprobar a materia, é necesario superar as dúas partes (teórica e seminarios) independentemente. Se se aproba unha das partes, consérvase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes.

Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas, serán os mesmos que para o asistente.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda ter cursado previamente: Anatomía humana (P05G170V01101), Fisioloxía humana (P05G170V01103) e Afeccións médico-cirúrxicas (P05G170V01201).

Materias que se recomenda cursar simultaneamente: Afeccións cirúrxicas (P05G170V01301).

Materias que continúan o temario: Farmacoloxía (P05G170V01908).

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Manuais da plataforma TEMA na FaiTIC

 

Prácticas

 

Inicio