Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2016-2017

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Afeccións Médico-Cirúrxicas

Código: P05G170V01_201

Créditos ECTS: 9

Carácter: Formación Básica (FB)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Coordinadora: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes - lurdesmg@uvigo.es
                       Prof. Dr. Magdalena López, Carlos J. - cmagdalena@uvigo.es

 

Unidade: Afeccións Médicas

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Horario de clases:

- De teoría (A. M-C.): luns de 15,45 a 17,45 h, e mércores de 17,45 a 19,45 h.

- De seminarios (A. M-C.): luns de 17,45 a 21,45 h, e mércores de 19,45 a 21,45 h.

 

Titorías de Afeccións Médicas:

1º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.
2º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.
Teléfonos: 986 801 750 / 986 801 761.
Fax: 986 801 780.

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

Tamén a través da FaiTIC.

 

Datas dos exames oficiais:

- Convocatoria Fin de carreira (do 17 ao 28 de outubro de 2016) (data límite actas: 25 de novembro de 2016):
* 21 de outubro, venres, ás 17 h.

- 2º cuadrimestre (do 15 ao 31 de maio de 2017) (data límite actas: 10 de xuño de 2017):
* 22 de maio, luns, ás 17 h.

- Xullo (do 26 de xuño ao 7 de xullo de 2017) (data límite actas: 18 de xullo de 2017):
* 26 de xuño, luns, ás 17 h.

Traballos de Fin de Grao:
- 2º cuadrimestre 2017: 15 de xuño, xoves.
-
Xullo 2017: 20 de xullo, xoves.

 

Contidos de Afeccións Médicas (materia Afeccións Médico-Cirúrxicas):

A. Teoría:

  1. Tema: Patoloxía que afecta ao organismo globalmente.
    Subtemas:
    Lesión e morte celular; envellecemento. Sistema inmune; resposta inespecífica; resposta específica; enfermidades do sistema inmune; transplantes. Enfermidades inducidas por microorganismos. Enfermidades inducidas por tóxicos. Enfermidades inducidas por hipoxia. Enfermidades relacionadas co entorno ambiental. Enfermidades por patoloxía da herencia. Enfermidades tumorais.

  2. Tema: Reumatoloxía.
    Subtemas:
    Función do aparato locomotor. Enfermidades óseas; trastornos cuantitativos e cualitativos da remodelación ósea. Enfermidades articulares; artropatías inflamatorias; artropatías dexenerativas.

  3. Tema: Nefroloxía.
    Subtemas:
    Función nefrourinaria. Enfermidades renais; insuficiencias aguda e crónica. Enfermidades glomerularess, tubulares e tubulointersticiais. Enfermidades das vías urinarias.

  4. Tema: Hematoloxía.
    Subtemas:
    Función hematopoyética. Enfermidades da serie vermella. Enfermidades da serie branca, dos ganglios linfáticos e do bazo. Enfermidades da hemostasia.

  5. Tema: Endocrinoloxía.
    Subtemas:
    Función do sistema endocrino. Enfermidades da glándula tiroides. Enfermidades das glándulas suprarrenais. Enfermidades das gónadas; diferenciación sexual. Enfermidades do eixo hipotálamo-hipófise; patoloxía do crecemento. Patoloxía das glándulas paratiroides e do metabolismo do calcio, fósforo e magnesio.

  6. Tema: Metabolismo.
    Subtemas:
    Patoloxía do metabolismo dos hidratos de carbono; síndrome diabético. Patoloxía do metabolismo dos lípidos. Patoloxía do metabolismo dos aminoácidos e das proteínas plasmáticas. Outras alteracións.

B. Seminarios:

  1. Tema: Primeiros auxilios e soporte vital: reanimación cardiopulmonar (RCP) básica.

  2. Tema: Primeiros auxilios e soporte vital: reanimación cardiopulmonar (RCP) avanzada.

 

Bibliografía (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Rozman C, Cardellach F (eds). Farreras & Rozman. Medicina Interna. Barcelona: Elsevier.

- Kasper DL, Braunwald E, Fauci AS, Hauser SL, Longo DL, Jameson JL (eds). Harrison. Principios de Medicina Interna. México D.F.: McGraw-Hill / Interamericana.

- Goodman CC, Snyder TK. Patología médica para fisioterapeutas. Madrid: McGraw-Hill / Interamericana.

- Pérez Arellano, JL. Sisinio de Castro. Manual de Patología General. Barcelona: Elsevier Masson.

- Laso FJ. Introducción a la Medicina Clínica. Fisiopatología y semiología. Barcelona: Elsevier / Masson.

 

- Blanco FJ, Carreira P, Martín E, Mulero J, Navarro F, Olivé A, Tornero J. Sociedad Española de Reumatología. Manual SER de las Enfermedades Reumáticas. Madrid: Panamericana.

- Barberà JA, Peces-Barba G, Agustí AGN, Izquierdo JL, Monsó E, Montemayor T, Viejo JL, Grupo de trabajo de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR). Normativa SEPAR. Guía clínica para el diagnóstico y tratamiento de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica. Arch Bronconeumol. 2001; 37 (6): 297- 316. [Acceso 20 marzo 2017]. Disponible en: <http://www.archbronconeumol.org/es/guia-clinica-el-diagnostico-el/articulo-resumen/S0300289601750740/>.

- Mandell GL, Bennett JE, Dolin R. Mandell, Douglas and Bennett's. Principles and Practice of Infectious Diseases. Philadelphia (USA): Elsevier.

- Feldman M, Friedman LS, Sleisenger MH. Sleisenger & Fordtran. Enfermedades gastrointestinales y hepáticas. Fisiopatología, diagnóstico y tratamiento. Buenos Aires: Médica Panamericana.

 - Victor M, Ropper AH, (eds). Adams y Victor. Principios de Neurología. México D.F.: McGraw-Hill / Interamericana.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 54 h estudante; 1 grupo; 54 h profesorado.
Grupo B: 24 h estudante; 3 grupos; 72 h profesorado.

Total A + B: 78 h estudante; 126 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 147 h.

Total horas estudante: 225 h.

 

Planificación docente:

Actividades introdutorias: horas na aula: 2 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 2.

Sesións maxistrais: horas na aula: 50 / horas fóra da aula: 107 / horas totais: 157.

Seminarios:  horas na aula: 24 / horas fóra da aula: 40 / horas totais: 64.

Probas: horas na aula: 2 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 2.

(Estes datos de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado).

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Sesións maxistrais: As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas, cunha aprendizaxe activa.

Seminarios: Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permitan afondar ou complementar os contidos da materia.

 

Atención personalizada:

Para actividades introdutorias, sesións maxistrais e seminarios:

1.- O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

2.- Titorías:
Poden realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Lévanse a cabo no horario e lugar indicados arriba (no apartado Titorías), sendo de 6 horas á semana.
Tamén poden realizarse por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS
, ou a través da FaiTIC.

3.- Organización social do traballo do alumnado: Para o desenvolvemento da docencia faranse grupos:
* Grupo A ou grupo grande (hai 1): clases teóricas e exposicións de traballos na aula.
* Grupo B ou grupo mediano (hai 3):
seminarios.
* Individual: exame.

 

Avaliación:

Sesións maxistrais: Haberá un exame final da materia, unha proba tipo test de resposta única. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: acertos - (erros / nº de opcións de resposta en cada pregunta).
Terá un valor do 90% da nota final.

Seminarios: A asistencia aos seminarios é obrigatoria. Realizarase unha observación sistemática do alumnado para recoller datos sobre a súa participación no desenvolvemento deles.
Terá un valor do 10% da nota final.

 

Outros comentarios e segunda convocatoria:

Os criterios de asistencia ás clases, seminarios, etc., rexeranse polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Para poder presentarse a exame en calquera das dúas convocatorias, é obrigatorio asistir aos seminarios.

Esta materia consta de dúas unidades: Unidade I: Afeccións Médicas, e Unidade II: Afeccións Cirúrxicas. A avaliación farase de cada unidade por separado; sendo necesario, para aprobar a materia, asistir aos seminarios e superar as dúas Unidades independentemente (e, dentro delas, cada unha das súas partes: teórica e seminarios).
A nota final será a media das dúas Unidades, se ambas están aprobadas. Se só se aproba unha Unidade, consérvase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes.

Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas, serán os mesmos que para o asistente.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda ter cursado previamente: Anatomía humana (P05G170V01101) e Fisioloxía humana (P05G170V01103).

Materias que continúan o temario: Afeccións médicas (P05G170V01302), Afeccións cirúrxicas (P05G170V01301) e Farmacoloxía (P05G170V01908).

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Manuais da plataforma TEMA na FaiTIC

 

Prácticas

 

Inicio