Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2016-2017

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Farmacoloxía

Código: P05G170V01_908

Créditos ECTS: 6

Carácter: Optativa (OP)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Coordinadora: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Horario de clases:

Luns e mércores de 13 a 15 h.

 

Titorías:

1º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.
2º semestre: luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.
Teléfonos: 986 801 750 / 986 801 761.
Fax: 986 801 780.

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

Tamén a través da FaiTIC.

 

Datas dos exames oficiais:

- Convocatoria Fin de carreira (do 17 ao 28 de outubro de 2016) (data límite actas: 25 de novembro de 2016):
* 21 de outubro, venres, ás 19 h.

- 2º cuadrimestre (do 15 ao 31 de maio de 2017) (data límite actas: 10 de xuño de 2017):
* 15 de maio, luns, ás 10 h.

- Xullo (do 26 de xuño ao 7 de xullo de 2017) (data límite actas: 18 de xullo de 2017):
* 29 de xuño, xoves, ás 12 h.

Traballos de Fin de Grao:
- 2º cuadrimestre 2017: 15 de xuño, xoves.
-
Xullo 2017: 20 de xullo, xoves.

 

Contidos:

  1. Tema: Principios xerais.
    Subtemas:
    Principios xerais de farmacocinética e farmacodinamia. Vías de administración de medicamentos, vía transdérmica. Reaccións adversas e interaccións. Factores fisiolóxicos e patolóxicos que modifican a acción dos fármacos.

  2. Tema: Farmacoloxía do sistema nervioso autónomo.
    Subtemas:
    Fármacos adrenérxicos e bloqueantes adrenérxicos. Fármacos colinérxicos e anticolinérxicos. Fármacos anestésicos locais.

  3. Tema: Farmacoloxía da dor e a inflamación.
    Subtemas:
    Fármacos analxésicos-antitérmicos e antiinflamatorios non esteroideos (AINE). Fármacos antirreumáticos. Fármacos hipouricemiantes e antigotosos. Analxésicos opioides. Agonistas e antagonistas opioides.

  4. Tema: Farmacoloxía do sistema nervioso central.
    Subtemas:
    Fármacos antiepilépticos. Fármacos antiparkinsoniano. Fármacos ansiolíticos. Fármacos hipnóticos e sedantes. Fármacos antidepresivos. Anestésicos xerais.

  5. Tema: Farmacoloxía do sistema cardiovascular e renal.
    Subtemas: Fármacos utilizados no tratamento da insuficiencia cardíaca e das arritmias. Fármacos utilizados no tratamento da hipertensión arterial. Fármacos utilizados na profilaxe e tratamento da arteriosclerose. Diurese.

  6. Tema: Farmacoloxía do sistema hematopoiético.
    Subtemas: Fármacos utilizados no tratamento das anemias. Fármacos utilizados nos trastornos da coagulación sanguínea.

  7. Tema: Farmacoloxía do aparello respiratorio.
    Subtemas: Fármacos antitusíxenos, mucolíticos e expectorantes. Terapéutica antiasmática.

  8. Tema: Farmacoloxía do aparello dixestivo.
    Subtemas: Fármacos utilizados para inhibir ou neutralizar a secreción ácida gástrica. Fármacos laxantes, antidiarreicos e antieméticos.

  9. Tema: Farmacoloxía do sistema endócrino.
    Subtemas: Insulina e hipoglicemiantes orais. Fármacos glucocorticoides.

  10. Tema: Quimioterapia antiinfecciosa.
    Subtemas: Principios xerais da utilización de antiinfecciosos. Antisépticos xerais e locais. Antibióticos. Farmacoloxía das infeccións por micobacterias. Fármacos antivíricos. Fármacos antifúnxicos e antiparasitarios.

  11. Tema: Quimioterapia antineoplásica e inmunosupresora.
    Subtemas: Fármacos antineoplásicos. Terapia inmunomoduladora.

  12. Tema: Exercicio físico e deporte.
    Subtemas: Fármacos e deporte. Drogodependencias, sustancias que modifican o rendemento deportivo.

  13. Tema: Farmacoloxía en masoterapia.
    Subtemas: Facilitación. Modificación.

 

Bibliografía:

-  Azanza JR. Farmacología clínica para profesionales de la salud. Pamplona: Eunate.

- Betés M, Durán M, Mestres C, Nogues MR. Farmacología para Fisioterapeutas. Madrid: Panamericana.

- Brunton LL, Lazo JS, Parker KL. Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. México D.F.: McGraw-Hill / Interamericana.

- Castell S, Hernández M. Farmacología en enfermería. Barcelona: Elsevier.

- De Ahumada JI, Santana ML, Serrano JS. Farmacología práctica. Para las diplomaturas en Ciencias de la Salud. Madrid: Díaz de Santos.

- Flórez J, Armijo JA, Mediavilla A. Farmacología humana. Barcelona: Elsevier / Masson.

- Lüllmann H, Mohr K, Ziegler A. Atlas de Farmacología. Barcelona: Masson / Salvat.

- Rang HP, Dale MM, et al. Farmacología. Barcelona: Elsevier / Churchill Livingstone.

- Yassin, G. Lo esencial en Farmacología. Barcelona: Elsevier.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 43 h estudante; 1 grupo; 43 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 107 h.

Total horas estudante: 150 h.

 

Planificación docente:

Actividades introdutorias: horas na aula: 1 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 1.

Sesións maxistrais: horas na aula: 41 / horas fóra da aula: 107 / horas totais: 148.

Probas: horas na aula: 1 / horas fóra da aula: 0 / horas totais: 1.

(Estes datos de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado).

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Sesións maxistrais: As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas, cunha aprendizaxe activa.

 

Atención personalizada:

1.- O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.

2.- Titorías:
Poden realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Lévanse a cabo no horario e lugar indicados arriba (no apartado Titorías), sendo de 6 horas á semana.
Tamén poden realizarse por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS
, ou a través da FaiTIC.

 

Avaliación:

A cualificación final da materia realizarase tendo en conta a asistencia e participación no desenvolvemento das clases.

Haberá un exame final, unha proba tipo test de resposta única. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: Cualificación = acertos - (erros / nº de opcións de resposta en cada pregunta), (aínda que a fórmula matemática é: Cualificación = [acertos - (erros / nº opcións - 1) / nº preguntas] x 10, pero da practicamente o mesmo).

 

Outros comentarios e segunda convocatoria:

Os criterios de asistencia ás clases, seminarios, etc., rexeranse polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas, serán os mesmos que para o asistente.

O alumnado non precisa coñecementos previos específicos sobre a materia para cursala (tan só os legalmente establecidos), pero si unha madurez que lle permita razoala.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda ter cursado previamente: Bioquímica e biofísica (P05G170V01102), Fisioloxía humana (P05G170V01103), Afeccións médico-cirúrxicas (P05G170V01201), Afeccións médicas (P05G170V01302) e Afeccións cirúrxicas (P05G170V01301).

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Manuais da plataforma TEMA na FaiTIC

 

Prácticas

 

Inicio