Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
Campus de Pontevedra
Curso académico 2008-2009
Programa da materia
Saúde Pública e Lexislación Sanitaria
Obxectivos:
Acadar que o alumnado, por medio da adquisición de coñecementos, actitudes, habilidades e comportamentos, sexa quen de:
Coñecementos previos para cursar a materia:
O alumnado non precisa coñecementos previos específicos sobre a materia para cursala (tan só os legalmente establecidos), pero si unha madurez que lle permita razoala.
Contidos:
A. Temario de aula:
Horas totais A: 60; número de temas: 28.
B. Temario de prácticas de laboratorio de epidemioloxía:
Horas totais L: 15; número de prácticas L: 15.
Bibliografía:
- G. Piédrola Gil y colaboradores. Medicina Preventiva y Salud Pública.
Barcelona: Masson / Salvat.
- F. Martínez Navarro, J.M. Antó, P.L. Castellanos, M. Gili, P. Marset, V.
Navarro. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
- R. Burgos Rodríguez, J.A. Chicharro Molero, M. Bobenrieth Astete. Metodología
de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela
Andaluza de Salud Pública.
- J. Ashton, H. Seymour. La nueva Salud Pública. Barcelona: SG / Masson.
- L. Salleras Sanmartí. Educación sanitaria. Madrid: Díaz de Santos.
- R. Pineault, C. Daveluy. La planificación sanitaria. Barcelona: SG / Masson.
- J.K.
Rothman. Epidemiología moderna.
Madrid: Diaz de Santos.
- M. Jenicek, R. Cléroux. Epidemiología. Barcelona: Salvat.
- M.A. Bobenrieth Astete. El artículo científico original. Estructura,
estilo, y lectura crítica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
- C.M. Romeo Casabona. El
profesional sanitario ante el derecho. Madrid: Ministerio de Sanidad y
Consumo.
- Leis, decretos e ordes obxecto de
estudio.
- Revista Salud Pública y
Educación para la Salud (en Internet e na Biblioteca da Universidade).
Metodoloxía docente:
Os temas da parte
teórica desenvolveranse
en clases maxistrais e traballos en grupo, de 50 minutos de duración, motivando
a participación do alumnado mediante suxestións e preguntas abertas que
faciliten o diálogo e solucionen dúbidas,
sobre todo nos 10 minutos finais (que completarán os 60 minutos de clase).
Empregaranse medios audiovisuais.
As clases prácticas levaranse a cabo, ao longo do cuadrimestre. O alumnado
ten que facer un traballo en grupo, ben epidemiolóxico
(as normas para a súa elaboración atópanse aquí)
ou ben de educación para a saúde. Os traballos son titorizados e a súa evolución
hai que levala a cabo co profesorado da materia, así como a decisión dos temas
sobre os que versarán.
Docencia teórica: 4 horas á semana.
Docencia práctica: 1 hora á semana.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
-
Avaliación da docencia de Aula:
Haberá un exame final da materia escrito, con preguntas abertas de resposta
curta, consonte
aos
termos legais establecidos e puntuación de 0 a 10;
non se puntuará negativo, pero non se pode deixar sen contestación efectiva máis
do 25% das preguntas.
Non obstante, terase en conta a participación cotiá do alumnado no
desenvolvemento das clases (avaliación cualitativa continuada).
- Avaliación
da docencia de
Prácticas:
É
obrigatorio facer un traballo, ben epidemiolóxico
ou ben
de educación para a saúde.
Terase
tamén
en conta a participación cotiá do alumnado no desenvolvemento das
prácticas.
- Hai que
superar obrigatoriamente as dúas partes, teórica e práctica, de xeito
independente para poder aprobar a materia.
No caso de aprobar unha parte e non a
outra, gardarase o aprobado dunha convocatoria a outra dentro do mesmo curso
académico, pero non dun curso aos seguintes.
- Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas,
serán os mesmos que para o asistente.
-
Hai que entregar a ficha para esta materia. Se non se dispón da ficha oficial
do Centro, pódese baixar a da Área dende aquí,
cubrila e entregala ou enviala por correo electrónico.
Plan de traballo do alumnado:
Tempo de
estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala:
Horas presenciais:
- Teóricas: 60
- Laboratorio: 15
- Titorías: 6
Horas non presenciais: 113 horas totais (estudo: 90 h teoría + 23 h
laboratorio)
Horas de avaliación: 2
Total volume de traballo: 196 horas
Recomendacións para o estudo da materia:
1. Asistencia regular ás clases
teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.