Chamamento de solidariedade coas catástrofes de Haití e Chile
DATOS da exposición e da poxa (3)
Estimados compañeiros e compañeiras, artistas:
Pois rematamos xa todos os traballos de preparación, que custaron o seu, e non foron poucos. Práceme presentarvos, en primicia, o catálogo da Exposición colectiva e Poxa benéfica pro Haití e Chile, que comezaremos xa a divulgar. Parécenos que queda moi digno.
Pareceunos oportuno facer extensible esta acción solidaria ás persoas afectadas en Chile, e doar os beneficios da poxa benéfica ás dúas organizacións que figuran na presentación deste catálogo, que están xa a traballar coas respectivas poboacións afectadas.
En nome da Conselleira de Sanidade, sirva tamén esta comunicación como invitación anticipada ao acto de inauguración da exposición colectiva previa á poxa, que terá lugar ás 17 horas do próximo día 21 de abril, no recinto de entrada do edificio da Consellería en Santiago, onde quedará instalada para ser visitada polo público, de 17,30 a 21,30 horas e de luns a venres, ata o día 6 de maio, no que terá lugar a poxa as 19 horas.
E, sen outro particular, esperando coñecervos persoalmente na inauguración da exposición ou na poxa benéfica, recibide un cordial saúdo.
Manuel Amigo
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2010
Catálogo da exposición e da poxa
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=40201
http://www.sergas.es/Noticias/DetalleNoticias.aspx?IdPaxina=40017&IdNoticia=3484
http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar4195.html
Carta de agradecemento da Conselleira
Cadro dun pintor haitiano
Volver á páxina
de entrada de Haití