Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Ourense

Curso académico 2012-2013

 

Centro - Titulación: Facultade de Ciencias da Educación - Traballo Social

Materia: Saúde Pública e Traballo Social

Código: 105 611 206

Carácter: Troncal

Curso:

Ciclo:

Cuadrimestre:

Créditos: 3 teóricos + 1,5 prácticos = 4,5

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública (615)

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde (C01)

Profesorado: Prof. Dra. Lourdes Maceiras García

 

Titorías:

Pavillón 2, soto, despacho 11

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web: http://webs.uvigo.es/mpsp

Tamén a través da FaiTIC.

 

Datas dos exames oficiais:

- 'Decembro' e Fin de Carreira (outubro 2012): 17 de outubro, mércores, ás 16 h. (data límite actas: 12 de novembro de 2012).
- Abril - Maio 2013: 24 de abril, mércores, ás 18 h. (data límite actas: 20 de maio de 2013).
-
Xullo 2013: 26 de xuño, mércores, ás 17,30 h. (data límite actas: 24 de xullo de 2013).

 

Obxectivos:

Acadar que o alumnado, por medio da adquisición de coñecementos, actitudes e comportamentos, sexa quen de:

  1. Comprender o concepto de saúde e a súa perspectiva multidisciplinaria.
  2. Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde, e coñecer o seu xeito de actuación.
  3. Adoptar as medidas hixiénicas e profilácticas, tanto persoais como comunitarias, máis adecuadas para a promoción da saúde e a prevención da doenza.
  4. Contribuír á planificación da saúde da comunidade nos eidos que a súa titulación permita:
    1. Identificando os problemas de saúde e analizándoos nas súas distintas vertentes (biolóxica, psicolóxica, social, ambiental, económica, legal...) por medio da aplicación do método epidemiolóxico.
    2. Colaborando na execución dos programas e planos de promoción da saúde e de asistencia sanitaria, incluída a atención ao ambiente.
    3. Participando como axente activo e principal, dende cada posto e función desempeñados, na educación para a saúde.

Prerrequisitos:

O alumnado non precisa coñecementos previos específicos sobre a materia para cursala (tan só os legalmente establecidos), pero si unha madurez que lle permita razoala.

Contidos:

A. Temario de aula:

Horas totais A: 30; número de temas: 28.

  1. Concepto de saúde. Determinantes da saúde. Historia natural da doenza. Niveis de prevención.
  2. Saúde Pública: evolución histórica; concepto e contidos.
  3. Demografía da saúde: estática e dinámica. O crecemento das poboacións. Teorías demográficas da poboación. Socioloxía sanitaria.
  4. Epidemioloxía: concepto; usos. Fontes de datos sobre a saúde. Sistemas de información sanitaria. Vixilancia epidemiolóxica.
  5. Medidas de frecuencia dos fenómenos epidemiolóxicos: razón, taxa, índice, prevalencia e incidencia.
  6. Método epidemiolóxico. Epidemioloxía descritiva: características de persoa, tempo e lugar. Elaboración de hipóteses.
  7. Clasificación dos estudios epidemiolóxicos. Transversais. Lonxitudinais. De intervención.
  8. Ecoloxía e saúde humana. Contaminación ambiental.
  9. Hábitat. Vertentes sanitarias da vivenda e do urbanismo. Ordenación do territorio. Protección de espazos naturais. Regulamentación de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Regulamento de policía sanitaria mortuoria.
  10. Alimentación, nutrición e saúde pública. Necesidades nutritivas humanas e dieta equilibrada.
  11. Enquisas de alimentación. Avaliación do estado nutricional. Código alimentario español.
  12. Os alimentos como vehículo de infección. Toxi-infeccións alimentarias. Estudio dun brote.
  13. Epidemioloxía xeral das doenzas transmisibles. Conceptos. A cadea epidemiolóxica. Epidemioxénese. Comezo, difusión e remate das epidemias.
  14. Actuacións sobre a fonte de infección, os mecanismos de transmisión e o hospedador. Infeccións reemerxentes. Regulamentación sanitaria internacional.
  15. Epidemioloxía xeral das doenzas non transmisibles. Accidentes. Minusvalías físicas, psíquicas e sensoriais. Incapacidade laboral.
  16. Modos de vida e saúde. Actividade física.
  17. As dependencias como problema de saúde pública.
  18. Educación para a saúde. A súa importancia na promoción da saúde, prevención da enfermidade, curación e rehabilitación.
  19. Planificación e xestión sanitarias. Crecemento económico versus desenvolvemento. Desenvolvemento socioeconómico e saúde. Indicadores do nivel de vida e benestar. Calidade de vida. Programas de acción contra a pobreza.
  20. Diagnóstico de saúde da comunidade. Programas cidades saudables, escolas saudables e hospitais saudables.
  21. Avaliación. Calidade.
  22. Sistemas de saúde. Principais modelos sanitarios. Sistema sanitario español. Lei Xeral de Sanidade. Decreto de Atención Primaria.
  23. Organismos internacionais relacionados coa saúde. Cartas e Declaracións internacionais.
  24. Programas de atención ao lactante, preescolar, escolar e adolescente.
  25. Programas de atención á muller.
  26. Saúde da idade adulta. Exames de saúde.
  27. A saúde nas persoas maiores. Programas.
  28. Saúde laboral.

B. Temario de prácticas:

Horas totais P: 15; número de prácticas P: 15.

  1. Creación dun grupo responsable dunha investigación.
  2. Indagación dos antecedentes e estado actual do tema escollido para investigar. Fontes de información. Busca bibliográfica. Formulación do marco teórico de traballo.
  3. Definición dos obxectivos. Elección dos datos que hai que recoller.
  4. Definición da poboación a estudar e da mostra poboacional. Métodos de mostraxe.
  5. Deseño do tipo de estudio epidemiolóxico.
  6. Elección do instrumento de medida. Validez e fiabilidade. Caracterización das variables. Tratamento da non-resposta.
  7. Escolla das técnicas de análise de datos. Temporalización da investigación.
  8. Busca e formación das persoas que recollerán os datos.
  9. Realización duna proba piloto.
  10. Contacto coas persoas participantes. Recollida de datos.
  11. Elaboración duna base de datos. Codificación e rexistro.
  12. Tratamento estatístico dos datos.
  13. Exposición dos resultados obtidos: selección, tabulación, presentación.
  14. Realización da discusión e interpretación dos resultados. Conclusións.
  15. Elaboración do informe final.

Bibliografía:

- G. Piédrola Gil y colaboradores. Medicina Preventiva y Salud Pública. Barcelona: Masson/Salvat.
- F. Martínez Navarro, J.M. Antó, P.L. Castellanos, M. Gili, P. Marset, V. Navarro. Salud
Pública. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
- R. Burgos Rodríguez, J.A. Chicharro Molero, M. Bobenrieth Astete. Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
- J. Ashton, H. Seymour. La nueva Salud Pública. Barcelona: SG/Masson.
- L. Salleras Sanmartí. Educación sanitaria. Madrid: Díaz de Santos.
- R. Pineault, C. Daveluy. La planificación sanitaria. Barcelona: SG/Masson.
- J.M. Aranda Regules. Nuevas perspectivas en Atención Primaria de Salud: una revisión de la aplicación de los principios de Alma-Ata. Madrid: Díaz de Santos.
- P. Rodríguez, C. Valdivieso. Los servicios de ayuda a domicilio. Madrid: Médica Panamericana.
- J.K.
Rothman. Epidemiología moderna. Madrid: Diaz de Santos.
- M.A. Bobenrieth Astete. El artículo científico original. Estructura, estilo, y lectura crítica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
- Revista Salud Pública y Educación para la Salud (en Internet e na Biblioteca da Universidade).

 

Metodoloxía docente:

Os temas da parte teórica desenvolveranse en clases maxistrais e traballos en grupo, de 50 minutos de duración, motivando a participación do alumnado mediante suxestións e preguntas abertas que faciliten o diálogo e solucionen dúbidas, sobre todo nos 10 minutos finais (que completarán os 60 minutos de clase). Empregaranse medios audiovisuais.
As clases prácticas levaranse a cabo, ao longo do cuadrimestre. O alumnado ten que facer un traballo individualmente, e pode facer, de xeito voluntario, en grupo, ben epidemiolóxico
(as normas para a súa elaboración atópanse aquí) ou ben de educación para a saúde. Os traballos son titorizados e a súa evolución hai que levala a cabo co profesorado da materia, así como a decisión dos temas sobre os que versarán..
Docencia teórica: 2 horas á semana. Docencia práctica: 1 hora á semana.

Sistema de avaliación da aprendizaxe:

- Avaliación da docencia de Aula: Haberá un exame final da materia escrito, con preguntas abertas de resposta curta, consonte aos termos legais establecidos e puntuación de 0 a 10; non se puntuará negativo, pero non se pode deixar sen contestación efectiva máis do 25% das preguntas. Non obstante, terase en conta a participación cotiá do alumnado no desenvolvemento das clases (avaliación cualitativa continuada).
- Avaliación da docencia de Prácticas:
É obrigatorio facer un traballo, ben epidemiolóxico ou ben de educación para a saúde. Terase tamén en conta a participación cotiá do alumnado no desenvolvemento das prácticas.
- Hai que superar obrigatoriamente as dúas partes, teórica e práctica, de xeito independente para poder aprobar a materia.
No caso de aprobar unha parte e non a outra, gardarase o aprobado dunha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico, pero non dun curso aos seguintes.
- É obrigatorio participar nas actividades que se fan a través da FaiTIC: axenda, anuncios, documentos e ligazóns, exercicios, foros, grupos e prácticas.
- Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas, serán os mesmos que para o asistente.
- Hai que entregar a ficha para esta materia. Se non se dispón da ficha oficial do Centro, pódese baixar a da Área dende aquí, cubrila e entregala ou enviala por correo electrónico.

 

Recomendacións para o estudo da materia:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

 

Prácticas

 

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Manuais da plataforma TEMA na FaiTIC

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Calendario Laboral 2013

 

Inicio