Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2023-2024

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Afeccións Médicas

Código: P05G171V01201

Créditos ECTS: 6

Carácter: Formación Básica (FB)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Coordinación: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Horarios:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/horarios/

 

Datas dos exames oficiais:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/exames/

 

Titorías:

Luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.

Tamén no despacho virtual da profesora: https://campusremotouvigo.gal/faculty/993

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es

Concertadas previamente.

Teléfono: 986 801 750.
Fax: 986 801 780.

Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

 

Campus remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal

 

Contidos:

A. Teoría:

  1. Tema: Sistema Nervioso.
    Subtemas:
    Funcións. Afeccións do encéfalo e cortiza cerebral. Afeccións da motilidade voluntaria. Afeccións da sensibilidade e sistemas sensoriais; dor. Afeccións do tronco do encéfalo, medula espiñal e pares craniais. Afeccións do Sistema Nervioso Periférico (SNP) e do Sistema Nervioso Vexetativo (SNV). Afeccións da coordinación motora, do equilibrio e da marcha. Afeccións dos núcleos da base do encéfalo; Parkinson. Afeccións da conciencia; síndrome epiléptico. Afeccións dos elementos protectores e da circulación do Sistema Nervioso Central (SNC).

  2. Tema: Aparello dixestivo.
    Subtemas:
    Funcións. Afeccións da motilidade; síntomas e síndromes. Afeccións da secreción. Afeccións da absorción; síndrome diarreico. Afeccións da circulación; dor; gas intestinal. Afeccións hepáticas; ictericia e colestase; insuficiencia hepatocelular; hipertensión portal. Afeccións do peritoneo. Afeccións da vía biliar extrahepática e do páncreas.

  3. Tema: Aparello respiratorio.
    Subtemas:
    Funcións. Afeccións da ventilación. Afeccións da respiración; disnea. Insuficiencia respiratoria; hipoxia, cianose, hipercapnia. Outras manifestacións das afeccións pulmonares. Afeccións da circulación pulmonar. Afeccións do parénquima pulmonar; funcións defensivas e metabólicas. Afeccións pleurais  e mediastínicas.

  4. Tema: Aparello cardiovascular.
    Subtemas:
    Funcións. Manifestacións das afeccións cardíacas. Valvulopatías. Afeccións da frecuencia e do ritmo cardíacos. Afeccións do miocardio e do pericardio; arterioesclerose. Afeccións da circulación coronaria. Afeccións da presión arterial. Insuficiencia circulatoria: formas agudas: shock e síncope; insuficiencia cardiaca conxestiva. Afeccións da circulación das extremidades.

B. Seminarios:

  1. Exploración dos reflexos.

  2. Exploración dos pares craneais (I).

  3. Exploración dos pares craneais (II).

  4. Marchas patolóxicas.

 

Bibliografía básica (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Pérez Arellano, JL. Sisinio de Castro. Manual de patología general. Ed. Elsevier.

- Goodman CC, Snyder TK. Patología médica para fisioterapeutas. Ed. Mc Graw Hill.

 

Bibliografía complementaria (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Laso FJ. Introducción a la medicina clínica. Fisiopatología y semiología. Ed. Elsevier.

- Rozman C, Cardellach F (eds). Farreras & Rozman. Medicina interna. Ed. Elsevier.

- Sociedad Española de Reumatología (SER). Manual SER de las enfermedades reumáticas. Ed. Elsevier.

- Ropper AH, Samuels MA, Klein JP, Prasad S. Adams y Victor. Principios de neurología. Ed. Mc Graw Hill.

- Barberà JA, Peces-Barba G, Agustí AGN, Izquierdo JL, Monsó E, Montemayor T, Viejo JL, Grupo de trabajo de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR). Normativa SEPAR. Guía clínica para el diagnóstico y tratamiento de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica. Arch Bronconeumol. 2001;37(6):297-316. Disponible en: <http://www.archbronconeumol.org/es/guia-clinica-el-diagnostico-el/articulo-resumen/S0300289601750740/>.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Planificación docente: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 40 h estudante; 1 grupo; 40 h profesorado.
Grupo B: 8 h estudante; 3 grupos; 24 h profesorado.

Total A + B: 48 h estudante; 64 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 102 h.

Total horas estudante: 150 h.

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Leccións maxistrais: As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Nelas interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.

Seminarios: Constarán de prácticas, actividades e traballos, que permitirán afondar nos contidos da materia. Neles interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Empregaranse como complemento das clases teóricas.

 

Atención personalizada:

Actividades introdutorias: O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Leccións maxistrais: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento da docencia farase un grupo A ou gupo grande.
Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

Seminarios: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento dos seminarios faranse tres grupos B ou gupos medianos.
Enviarase toda a información sobre os seminarios e os cambios e recomendacións, a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

 

Avaliación:

Coñecementos teóricos: Exame de preguntas obxectivas de tipo test, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto, as deixadas en branco non descontarán puntuación, e cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
Esta proba terá un valor do 80 % da nota final.
O exame dos coñecementos teóricos dos temas de Sistema Nervioso + Aparello Dixestivo contará un 40%. O exame dos coñecementos teóricos dos temas de Aparello Respiratorio + Aparello Cardiocirculatorio contará un 40%.

Seminarios: Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento dos seminarios; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Nalgúns seminarios faranse preguntas por escrito que hai que responder neles.
Terán un valor do 20 % da nota final.

 

Outros comentarios sobre a avaliación:

Para aprobar a materia, é necesario superar as dúas partes: teoría e seminarios, independentemente. Se só se aproba unha das partes, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes.

AVALIACIÓN CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará:

* Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez finalizada a metade dos contidos teóricos (Sistema Nervioso + Aparello Dixestivo): contará un 40% da nota final; realizarase dentro do horario asignado ás clases lectivas da materia. Se se suspende, non pode recuperarse na convocatoria ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª oportunidade.

* Outro exame parcial de coñecementos teóricos na convocatoria ordinaria (Aparello Respiratorio + Aparello Cardiocirculatorio): contará un 40% da nota final.

* Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN GLOBAL (se se renuncia á avaliación continua): O alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito, seguindo o procedemento establecido na Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita a renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección da modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que queden por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha proba de avaliación global: un exame de coñecementos teóricos na data oficial da convocatoria ordinaria, que contará un 80% da nota final. A esta puntuación sumarase o 20% da nota dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE: É unha avaliación extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa.

O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún dos exames parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu á avaliación global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda ter cursado previamente: Afeccións médico-cirúrxicas (P05G171V01107), Anatomía humana (P05G171V01101), Bioquímica e biofísica (P05G171V01103) e Fisioloxía humana (P05G171V01102).

Materias que se recomenda cursar simultaneamente: Afeccións cirúrxicas (P05G171V01202) e Radioloxía (P05G171V01208)

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Seminarios

 

Inicio