Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2023-2024

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Afeccións Médico-Cirúrxicas

Código: P05G171V01107

Créditos ECTS: 9

Carácter: Formación Básica (FB)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Coordinación: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes - lurdesmg@uvigo.es
                       Prof. Dr. Magdalena López, Carlos J. - cmagdalena@uvigo.es

 

Horarios:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/horarios/

 

Datas dos exames oficiais:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/exames/

 

Unidade: Afeccións Médicas

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Titorías de Afeccións Médicas:

Luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.

Tamén no despacho virtual da profesora: https://campusremotouvigo.gal/faculty/993

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es

Concertadas previamente.

Teléfono: 986 801 750.
Fax: 986 801 780.

Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

 

Campus remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal

 

Contidos de Afeccións Médicas (materia Afeccións Médico-Cirúrxicas):

A. Teoría:

  1. Tema: Conceptos xerais.
    Subtemas: Aspectos históricos. Patoloxía. Clínica.

  2. Tema: Axentes que afectan ao organismo globalmente producindo enfermidades.
    Subtemas:
    Axentes mecánicos. Calor e frío. Radiacións e electricidade. Substancias químicas. Axentes vivos. Factores endóxenos da enfermidade: xenética. Reaccións inespecíficas: inflamación e reparación; inmunidade innata fronte aos virus; síndrome febril e síndrome de resposta sistémica. Mecanismos inmunolóxicos da enfermidade: principios xerais; síndromes de inmunodeficiencia e reaccións de hipersensibilidade; tolerancia e autoinmunidade.

  3. Tema: Aparello locomotor.
    Subtemas:
    Funcións. Afeccións da musculatura estriada esquelética. Afeccións do tecido óseo. Afeccións das articulacións.

  4. Tema: Riles e vías urinarias.
    Subtemas: Funcións. Manifestacións da patoloxía renal. Afeccións renais; lesión renal aguda e enfermidade renal crónica. Afeccións das vías urinarias.

  5. Tema: Sangue e órgamos hematopoéticos.
    Subtemas: Funcións. Afeccións da serie vermella. Afeccións da serie branca. Afeccións dos órganos linfoides. Afeccións da hemostase.

  6. Tema: Sistema Endócrino.
    Subtemas: Funcións. Afeccións do sistema hipotálamo-hipófise. Afeccións da tiroide. Afeccións das glándulas suprarrenais. Afeccións das gónadas. Afeccións das glándulas paratiroides e do metabolismo do calcio, o fósforo e o magnesio.

  7. Tema: Metabolismo.
    Subtemas: Funcións. Afeccións do metabolismo dos glúcidos. Afeccións do metabolismo dos lípidos. Afeccións do metabolismo das proteínas e dos aminoácidos. Nucleótidos. Oligoelementos. Balance hidrosalino. Equilibrio ácido-base.

B. Seminarios:

  1. Primeiros auxilios e soporte vital (PASV); reanimación cardiopulmonar (RCP) (I).

  2. Primeiros auxilios e soporte vital (PASV); reanimación cardiopulmonar (RCP) (II).

  3. Lesión e morte celular.

  4. Neoplasias.

  5. Envellecemento.

  6. Nutrición (metabolismo).

 

Bibliografía básica (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Pérez Arellano, JL. Sisinio de Castro. Manual de patología general. Ed. Elsevier.

- Goodman CC, Snyder TK. Patología médica para fisioterapeutas. Ed. Mc Graw Hill.

- Brunicardi FC, Andersen DK, Billiar TR, Dunn DL, Hunter JG, Matthews JB, Pollock RE. Schwartz. Principios de cirugía. Ed. Mc Graw Hill / Interamericana.

- Seco J.(dir). Afecciones médicoquirúrgicas para fisioterapeutas. Sistema músculoesquelético. Ed. Médica Panamericana.

- Fernández L, Carrión O. Patología médico-quirúrgica para fisioterapeutas. Ed. Elsevier.

- Hoppenfeld S. Exploración física de la columna vertebral y extremidades. Ed. Manual moderno.

 

Bibliografía complementaria (Afeccións Médico-Cirúrxicas e Afeccións Médicas):

- Laso FJ. Introducción a la medicina clínica. Fisiopatología y semiología. Ed. Elsevier.

- Rozman C, Cardellach F (eds). Farreras & Rozman. Medicina interna. Ed. Elsevier.

- Sociedad Española de Reumatología (SER). Manual SER de las enfermedades reumáticas. Ed. Elsevier.

- Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT). Manual de cirugía ortopédica y traumatología. Ed. Médica Panamericana.

- Delgado AD. Cirugía ortopédica y traumatología. Ed. Médica Panamericana.

- Ropper AH, Samuels MA, Klein JP, Prasad S. Adams y Victor. Principios de neurología. Ed. Mc Graw Hill.

- Barberà JA, Peces-Barba G, Agustí AGN, Izquierdo JL, Monsó E, Montemayor T, Viejo JL, Grupo de trabajo de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR). Normativa SEPAR. Guía clínica para el diagnóstico y tratamiento de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica. Arch Bronconeumol. 2001;37(6):297-316. Disponible en: <http://www.archbronconeumol.org/es/guia-clinica-el-diagnostico-el/articulo-resumen/S0300289601750740/>.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Planificación docente: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 54 h estudante; 1 grupo; 54 h profesorado (27 AM + 27 AC).
Grupo B: 24 h estudante; 3 grupos; 72 h profesorado (12 x 3 = 36 AM + 12 x 3 = 36 AC).

Total A + B: 78 h estudante; 126 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 147 h.

Total horas estudante: 225 h.

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Leccións maxistrais: As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Nelas interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.

Seminarios: Constarán de prácticas, casos clínicos, actividades e traballos, que permitirán afondar nos contidos da materia. Neles interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Haberá tamén un cartafol: recompilación do traballo do alumnado co obxectivo de amosar os seus esforzos, progresos e logros na materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas.

 

Atención personalizada:

Actividades introdutorias: O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Leccións maxistrais: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento da docencia farase un grupo A ou gupo grande.
Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado, indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

Seminarios: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento dos seminarios faranse tres grupos B ou gupos medianos.
Enviarase toda a información sobre os seminarios e os cambios e recomendacións, a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado, indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

 

Avaliación:

Coñecementos teóricos: Exame de preguntas obxectivas de tipo test, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto, as deixadas en branco non descontarán puntuación, e cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
Esta proba terá un valor do 80 % da nota final: 40% da Unidade de Médicas + 40% da Unidade de Cirúrxicas.

Seminarios: Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento dos seminarios; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Nalgúns seminarios faranse preguntas por escrito que hai que responder neles.
Terán un valor do 20 % da nota final: 10% da Unidade de Médicas + 10% da Unidade de Cirúrxicas.

 

Outros comentarios sobre a avaliación:

Esta materia consta de dúas unidades: Unidade I: Afeccións Médicas e Unidade II: Afeccións Cirúrxicas. A avaliación farase de cada unidade por separado, sendo necesario, para aprobar a materia, superar as dúas unidades independentemente; e, dentro delas, cada unha das súas partes: teoría e seminarios, tamén independentemente.
A nota final será a media das dúas unidades, se ambas están aprobadas ou suspensas. Se só se aproba unha unidade, ou parte dela, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes, e a nota será a da parte suspensa.

AVALIACIÓN CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará:

* Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez finalizada a metade dos contidos teóricos: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de Médicas e 20% da Unidade de Cirúrxicas; realizarase dentro do horario asignado ás clases lectivas da materia. Se se suspende, non pode recuperarse na convocatoria ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª oportunidade.

* Outro exame parcial de coñecementos teóricos na convocatoria ordinaria: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de Médicas e 20% da Unidade de Cirúrxicas.

* Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN GLOBAL (se se renuncia á avaliación continua): O alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito, seguindo o procedemento establecido na Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita a renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección da modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que queden por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha proba de avaliación global: un exame de coñecementos teóricos na data oficial da convocatoria ordinaria, que contará un 80% da nota final: 40% da Unidade de Médicas e 40% da Unidade de Cirúrxicas.
A esta puntuación sumarase o 20% da nota dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE: É unha avaliación extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa.

O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún dos exames parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu á avaliación global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda cursar simultaneamente: Anatomía humana (P05G171V01101), Fisioloxía humana (P05G171V01102) e Bioquímica e Biofísica (P05G171V01103).

Materias que continúan o temario: Afeccións médicas (P05G171V01201), Afeccións cirúrxicas (P05G171V01202) e Radioloxía (P05G171V01208).

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Seminarios

 

Inicio