Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2021-2022

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Farmacoloxía

Código: P05G170V01_908

Créditos ECTS: 6

Carácter: Optativa (OP)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Coordinación: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Horarios:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/horarios/

 

Datas dos exames oficiais:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/exames/

 

Titorías:

1º cuadrimestre: luns e mércores de 11 a 14 h.
2º cuadrimestre: luns e mércores de 10 a 13 h.
Período sen docencia: luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.
Teléfono: 986 801 750.
Fax: 986 801 780.

Tamén no despacho virtual da profesora: https://campusremotouvigo.gal/faculty/993

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es
Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

Tamén a través dos foros da plataforma de docencia FaiTIC.

 

Campus remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal

 

Contidos:

  1. Tema: Principios xerais.
    Subtemas:
    Farmacocinética. Farmacodinamia. Lei do Medicamento; deseño de investigacións; ensaios clínicos; busca bibliográfíca. Reaccións adversas aos medicamentos. Interaccións farmacolóxicas.

  2. Tema: Farmacoloxía do sistema nervioso autónomo (SNA).
    Subtemas:
    Parasimpático. Simpático. Fármacos parasimpaticomiméticos ou colinérxicos; fármacos parasimpaticolíticos ou anticolinérxicos. Fármacos simpaticomiméticos ou adrenérxicos; fármacos simpaticolíticos ou bloqueantes adrenérxicos.

  3. Tema: Farmacoloxía da musculatura esquelética.
    Subtemas:
    Fármacos relaxantes musculares. Hipertonía muscular: espasticidade; espasmos musculares.

  4. Tema: Farmacoloxía do sistema nervioso central (SNC).
    Subtemas: Fármacos
    antiparkinsonianos. Fármacos en demencias. Fármacos na esclerose lateral amiotrófica (ELA). Fármacos anticoreicos. Fármacos en balismos. Fármacos antiepilépticos e anticonvulsivantes. Psicofármacos.

  5. Tema: Farmacoloxía da dor.
    Subtemas:
    Fármacos analxésicos: narcóticos ou opioides; antiinflamatorios non esteroideos (AINE). Fármacos anestésicos locais.

  6. Tema: Farmacoloxía do sistema cardiovascular.
    Subtemas: Fármacos en hipertensión arterial. Fármacos en insuficiencia cardíaca. Fármacos en anxina de peito (angor pectoris). Fármacos en arritmias cardíacas. Fármacos en infarto de miocardio.

  7. Tema: Farmacoloxía do sistema sanguíneo.
    Subtemas: Fármacos anticoagulantes. Fármacos antiagregantes plaquetarios. Fármacos trombolíticos. Fármacos antianémicos.

  8. Tema: Farmacoloxía do aparello respiratorio.
    Subtemas: Fármacos broncodilatadores. Fármacos antiinflamatorios. Fármacos antitusíxenos. Fármacos expectorantes e mucolíticos.

  9. Tema: Farmacoloxía do aparello dixestivo.
    Subtemas: Fármacos antiulcerosos. Fármacos antieméticos, laxantes e antidiarreicos.

  10. Tema: Farmacoloxía do sistema endócrino.
    Subtemas: Fármacos adrenocorticoides: glucocorticoides ou antiinflamatorios esteroideos (AIE). Fármacos reguladores da glucemia: insulina; antidiabéticos orais. Diabetes mellitus (DM).

  11. Tema: Farmacoloxía dos ósos e as articulacións.
    Subtemas: Fármacos en osteoporose. Fármacos en artrite reumatoidea. Fármacos en artrose.

  12. Tema: Quimioterapia antiinfecciosa e antineoplásica.
    Subtemas: Fármacos antiinfecciosos: antibacterianos; antituberculosos; antifúnxicos; antiprotozoarios; antihelmínticos; antivíricos. Fármacos antisépticos e desinfectantes. Fármacos antineoplásicos ou anticancerosos ou quimioterápicos.

  13. Tema: Fármacos e deporte.
    Subtemas: Uso terapéutico. Recuperación de lesións. Sustancias recreativas. Sustancias que modifican o rendemento deportivo; dopaxe. Modificacións farmacocinéticas debidas ao exercicio.

  14. Tema: Farmacoloxía en masoterapia.
    Subtemas: Pel. Absorción cutánea. Preparados utilizados para masaxes. Afeccións susceptibles de tratamento tópico con masaxes e principios activos utilizados: dor, inflamación, edemas, hematomas, rego sanguíneo, trombos e rexeneración de tecidos.

  15. Tema: Vías frecuentes de administración de medicamentos en fisioterapia.
    Subtemas: Transdérmica ou percutánea. Iontoforese. Electroporación ou electropermeabilización. Sonoforese ou fonoforese ou ultrasonoforese ou ultrafonoforese.

 

Bibliografía básica:

- Betés M, Durán M, Mestres C, Nogues MR. Farmacología para fisioterapeutas. Ed. Médica Panamericana.

- Lüllmann H, Mohr K, et al. Atlas de Farmacología. Ed. Médica Panamericana.

 

Bibliografía complementaria:

- Azanza JR. Farmacología clínica para profesionales de la salud. Ed. Eunate.

- De Ahumada JI, Santana ML, Serrano JS. Farmacología práctica para las diplomaturas en ciencias de la salud. Ed. Díaz de Santos.

- Flórez J, Armijo JA, Mediavilla A. Farmacología humana. Ed. Elsevier / Masson.

- Goodman LS, Gilman A, et al. Las bases farmacológicas de la terapéutica. Ed. Mc Graw Hill / Interamericana.

- Page C, Battista E. Lo esencial en Farmacología. Ed. Elsevier.

- Rang HP, Dale MM, et al. Farmacología. Ed. Elsevier.

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Planificación docente: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 43 h estudante; 1 grupo; 43 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 107 h.

Total horas estudante: 150 h.

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Leccións maxistrais: As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudantado e na súa aprendizaxe activa e participativa. O alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se explique en clase, e será entregado ao final da clase, persoalmente ou a través da FaiTIC.
A primeira opción é impartir a docencia de xeito presencial. Se non é posible, debido á pandemia de COVID-19, impartirase teledocencia a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Comentarase a documentación que xa estea subida á plataforma de teledocencia, pola aula virtual, o foro da materia na FaiTIC e o correo electrónico.

Seminarios: Constan de prácticas, actividades e traballos, que permitan afondar nos contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teórica.
A primeira opción é impartilos de xeito presencial. Se non é posible, debido á pandemia de COVID-19, impartiranse mediante teledocencia a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Comentarase a documentación que xa estea subida á plataforma de teledocencia, pola aula virtual, o foro da materia na FaiTIC e o correo electrónico.

 

Atención personalizada:

1.- O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

2.- Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións, a través da FaiTIC, polo apartado “Anuncios”.

3.- Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario e lugar indicados arriba (no apartado Titorías), sendo de 6 horas á semana.
Tamén
poderán realizarse no despacho virtual da profesora; por correo electrónico ao enderezo electrónico da profesora, indicando no asunto: TITORÍAS; ou a través dos foros da FaiTIC. Será necesario concertar previamente estas titorizacións por correo electrónico.

 

Avaliación:

A cualificación final da materia será entre 0 e 10, e levarase a cabo tendo en conta:

1) Coñecementos teóricos: avaliaranse mediante a asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento das clases. Ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se explique en clase, e será entregado ao final da clase, persoalmente ou a través da FaiTIC. Puntualmente, haberá algunha proba de tipo test onde cada pregunta terá cinco opcións de resposta, e só unha delas será válida; cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: Cualificación = [acertos - (erros / nº opcións - 1) / nº preguntas] x 10.
A primeira opción
para esta avaliación continuada é facela presencial; no caso de que a COVID-19 non permita facela así, levarase a cabo coas ferramentas de teledocencia das que dispón a Universidade de Vigo.

2) Realización dun traballo de participación no Green Campus, consistente en elaborar fichas de plantas medicinais, recollendo os usos que se lles dan e o seu entronque coa farmacoloxía, de cara a facer unha Guía de plantas medicinais, e montar unha Horta Medicinal na Facultade de Fisioterapia do Campus de Pontevedra, seguindo as fichas elboradas na materia, e tendo en conta as que se dán, de xeito natural, en Galicia.

 

Outros comentarios sobre a avaliación:

As cualificacións da materia serán publicadas na Secretaría Virtual e na FaiTIC.

Os criterios de asistencia ás clases, seminarios, etc., rexeranse polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Os dereitos e deberes para o alumnado non asistente a clases por causas xustificadas, serán os mesmos que para o asistente.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

Materias que se recomenda ter cursado previamente: Bioquímica e biofísica (P05G170V01102), Fisioloxía humana (P05G170V01103), Afeccións médico-cirúrxicas (P05G170V01201), Afeccións médicas (P05G170V01302) e Afeccións cirúrxicas (P05G170V01301).

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Seminarios

 

Inicio