Proxecto rurALLURE

 

     O proxecto de investigación rurALLURE pode definirse como a Promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos camiños de peregrinación de Europa ou a Promoción do patrimonio rural nas inmediacións das rutas de peregrinación europeas.

     rurallure” é unha mestura de palabras en inglés: rural (que significa o mesmo ca no noso idioma) + allure (que é un verbo que significa seducir, fascinar, atraer...), mesmo, pode utilizarse coma dous substantivos: rural allure, co significado de “encanto rural”.

     É unha opción polo patrimonio cultural como un engadido ás rutas de peregrinación, sexan percorridas na súa totalidade, ou só nalgúns dos seus tramos. É para contribuír a modernizar áreas que aportan un valor enorme, e sen embargo cústalles subirse á onda do século XXI. Trátase de facer un uso intelixente do patrimonio, non tanto de descubrir cousas novas, senón de poñer en común e coordinar esforzos e iniciativas que, a nivel tecnolóxico, xa existen en grande medida.

     rurALLURE é unha iniciativa financiada polo programa Horizonte 2020 da Comisión Europea, o programa de investigación e innovación máis ambicioso posto en marcha por la Unión Europea (UE) e orientado a promover a competitividade de Europa no escenario global mundial. Existen outros proxectos, tamén beneficiarios de Horizonte 2020 na súa última convocatoria.

     O turismo de peregrinacións concentra un número importante de persoas viaxeiras en Europa e supón unha valiosa oportunidade de desenvolvemento sostible para os territorios que atravesa, que son, sobre todo, zonas rurais, pero que concentran un abundante e rico patrimonio cultural, en ocasións moi descoñecido, mesmo para a xente da zona xeográfica dos arredores. Coa fin de divulgar, resaltar e conservar este patrimonio, e de contribuír ao desenvolvemento turístico dos destinos, deseñouse o proxecto “rurALLURE: Promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos Camiños de Peregrinación de Europa”, desenvolvido por un consorcio de universidades europeas e outras organizacións.

     Webs do proxecto rurAllure:

     http://www.rurallure.eu

     https://cordis.europa.eu/project/id/101004887/es

 

     Premios ao proxecto rurAllure:

     Premios ECTN (European Cultural Tourism Network): en Avances na dixitalización e transición dixital no Turismo Cultural Sostible: Primeiro Premio: a rurAllure: promoción de museos e sitios patrimoniais rurais na contorna das rutas de peregrinación europeas (proxecto rurAllure EU Horizon 2020):

     https://rurallure.eu/rurallure-among-the-finalists-for-ectn-awards-2023/

     https://www.culturaltourism-network.eu/results-2023.html

     https://rurallure.eu/rurallure-wins-prestigious-award-destination-of-sustainable-cultural-tourism-2023/

     https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/proxecto-rurallure-gana-premio-destino-turismo-cultural-sostible-2023

 

     rurAllure gañou a edición 2023 dos Premios Skål Europe Sustainable Tourism Awards: En recoñecemento á sustentabilidade no turismo internacional: a rurAllure: promoción de museos e sitios patrimoniais rurais na contorna das rutas de peregrinación europeas (proxecto rurAllure EU Horizon 2020).

     https://rurallure.eu/rurallure-receives-skal-europe-sustainable-tourism-award/

     https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/novo-galardon-internacional-proxecto-europeo-rurallure

 

rurALLURE e a Universidade de Vigo

 

     O proxecto está liderado, a nivel de toda Europa, pola Universidade de Vigo.

     E, dentro da Universidade de Vigo, está coordinado por Martín López Nores, profesor e investigador do departamento de Enxeñaría Telemática, e investigador principal (IP) deste proxecto dende xullo de 2020.

     O proxecto é multidisciplinario e nel participan varios grupos de investigación da Universidade de Vigo.

     Este proxecto conta cun presuposto xeral de perto de tres millóns de euros para impulsar o turismo cultural e o desenvolvemento económico en áreas rurais, en Europa, a través de ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación.

 

rurALLURE e o Grupo de Investigación MP1

 

     Este proxecto está pensado para visibilizar o patrimonio máis descoñecido das vías de peregrinación en Europa.

     O Grupo de Investigaciónn MP1, da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, da Universidade de Vigo, naceu no curso académico 1997-1998. É un grupo que traballa nos campos da saúde pública e a epidemioloxía, e ambos os dous ámbitos ocupan unha zona de intersección entre as ciencias biomédicas e as ciencias sociais, e integran os métodos, principios e aplicacións destas ciencias para estudar a saúde e a enfermidade na poboación, e a súa evolución no tempo. É por isto polo que o grupo MP1 conta con persoas profesionais e investigadoras, tanto do grupo, coma colaboradoras externas, dos campos da saúde, medio ambiente, estatística, socioloxía, literatura medieval, historia, prehistoria e arqueoloxía.

     O Grupo MP1 empezou a traballar no curso académico 2008-2009 coas asociacións e concellos que levaban a cabo actividades sobor do Camiño Miñoto Ribeiro, e, dende entón, o grupo traballa con outras persoas profesionais e coa Asociación Camiño Miñoto Ribeiro (asociación dos concellos galegos deste Camiño, que foi legalizada tras varios anos de traballo conxunto de diversos concellos) nas actividades necesarias para que o Camiño Miñoto Ribeiro sexa declarado Ruta Cultural e, despois, Camiño Xacobeo.

     Neste proxecto, conseguiu que se asinase un convenio entre a Asociación Camiño Miñoto Ribeiro (asociación dos concellos deste Camiño) e o rurALLURE, o 18 de abril de 2022, mediante o cal o Camiño Miñoto Ribeiro converteuse en Socio Asociado (Associated Partner) do rurALLURE.

     https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/camino-minoto-ribeiro-sumase-ao-proxecto-europeo-rurallure

     https://rurallure.eu/camino-minoto-ribeiro-association-joins-rurallure-2/

     https://www.caminominotoribeiro.com

     https://ageps.webs.uvigo.es/cxm-r/cxm-r.htm

     https://mpsp.webs.uvigo.es/mp1.htm

     https://mpsp.webs.uvigo.es/medicarte/

     https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/proxecto-rurallure-lanza-catro-itinerarios-piloto-arredor-grandes-rutas-peregrinacion-europeas

 

Ficha técnica do proxecto rurALLURE

 

     Programa: Horizonte 2020.

     Temática: Europa nun mundo cambiante: Sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas.

     Convocatoria: Transformations-19 – Cultura sen fronteiras: Cooperación en innovación e investigación entre museos e lugares de interese patrimonial europeos.

     Tipo de proxecto: Acción de Coordinación e Soporte (CSA).

     Orzamento total: 2.999.205 €.

     Período de execución: Dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2023.

 

Contexto deste proxecto

 

     Cada ano, milleiros de persoas emprenden unha viaxe a centos de lugares de culto dispersos por toda a xeografía europea.

     Cada vez máis xente fai percorridos polas mesmas rutas, pero por motivos non relixiosos (porque hai infraestruturas, medios de transporte, e non só a pé, senón tamén en bicicleta ou a cabalo...; o público vai sendo cada vez máis diverso e hai que ter os instrumentos adecuados para captalo).

     As rutas de peregrinación son un importante activo económico e político para a Unión Europea. (Estímase que só o impacto do Camiño de Santiago excedeu os 300 millóns de euros o ano 2019; ademais, moitas das rutas son transnacionais, de xeito que promoven intercambios culturais e relacións transfronteirizas, e son un vehículo para que xentes de distintas procedencias, de distintos países, de distintas culturas..., leven a cabo intercambios e formalicen relacións interpersoais).

 

Puntos chave de rurALLURE

 

     O impacto das peregrinacións percíbese case exclusivamente na contorna inmediata dos camiños principais.

     Rexións enteiras son testemuñas pasivas dos fluxos de peregrinos (coma é o caso da provincia de Lugo e a de Ourense, en grande medida; poden estar a pasar milleiros de peregrinos pola provincia, pero o rastro, o impacto que deixan está moi localizado).

     O que se quere facer: derivar impacto a zonas rurais circundantes (de maneira simbiótica: non se trata de restar nada aos camiños de peregrinación xa existentes, senón de aportar un contido extra, aportar novas posibilidades, novos recursos de interese para as persoas peregrinas e conseguir un maior aproveitamento e unha oferta turística e cultural aínda máis rica do que se pode ofrecer hoxe).

     Aumentar a visibilidade e a accesibilidade de museos, lugares de interese patrimonial e cultura do medio rural.

    Expoñer ás persoas peregrinas a achados inesperados (que se desvíen dos camiños principais cara ao entorno rural onde hai puntos de interese, e, ás veces, para eses desprazamentos poderían necesitar transporte; quérese expoñer ás persoas peregrinas a esas pequenas xoias, a ese patrimonio de segunda fila non tan promocionado nas guías principais e nos grandes medios de comunicación).

     Cóntase tamén co recurso extra, coa característica, de que moitas rutas de peregrinación, moitas destas viaxes, se organizan con certa flexibilidade en canto a datas, por exemplo: disponse dun mes para chegar dende Roncesvalles a Santiago de Compostela, faise un cómputo do tempo que vai levar, e pódense facer 5 ou 6 paradas extra ao longo do camiño. Con esta flexibilidade, se se planifica debidamente, pódese levar á xente cara a novos destinos.

 

Unha oportunidade na era post-COVID?

 

     É pertinente un proxecto coma este na era post-COVID?

     A Comisión Europea está de acordo en darlle énfase a estas características (lembrade que este programa está elaborado en 2020).

     Os destinos rurais están a gañar interese, por asegurarse ambientes máis seguros e menos concorridos (e tamén se pode pensar na conveniencia de desconxestionar os albergues de peregrinos, que son lugares tremendamente concorridos, sobre todo no verán; entón, por que non facer uso dos mecanismos de aloxamento na contorna rural e garantir, dalgún xeito, eses obxectivos de distancia social que agora son un mandato por mor da COVID-19?).

     Cabe agardar que moita xente saia á procura de alivio espiritual/psicolóxico e experiencias turísticas lentas (despois do impacto que está a ter toda a situación da pandemia sobre a nosa saúde biolóxica, psicolóxica e social).

      Moitos axentes están a esforzarse por promover o turismo nacional e as actividades ao aire libre (tanto a nivel institucional, como a nivel de negocios; e, mentres siga a previsión de peche de fronteiras, non queda outra que facer turismo nacional).

 

Un consorcio con liderado galego

 

     Como a idea naceu en Galicia e comezou ter forma con socios galegos, o proxecto ten un liderado galego, en tanto que vai ir coordinado globalmente pola Universidade de Vigo (España: ES). E, como hai varios grupos moi diversos nela, faranse tamén achegas, non só en coordinación, senón tamén en todos os puntos técnicos, en todos os pilotos do proxecto.

 

     Como líderes de Paquetes de Traballo (PT) transversais están:

          Universidade da Coruña (España: ES).

          GVAM Guías Interactivas SL (empresa dedicada a guías, sobre todo de museos) (España: ES).

         Associazione Europea delle Vie Francigene (asociación que xestiona o Camiño Europeo da Vía Francíxena, con mediano-alto éxito polo centro de Europa) (Italia: IT).

 

     Os líderes de pilotos, que se realizarán no proxecto, son catro que están esparexidos pola xeografía europea:

          Fundación Uxío Novoneyra (España: ES). Lidera o que versa sobre o Camiño de Santiago.

          Università degli Studi di Bologna (Italia: IT). Lidera o Camiño con destino a Roma.

         Kormanyzati Informatikai Fejlesztesi Ugynokseg (Hungría: HU). Axencia nacional para o desenvolvemento das tecnoloxías da comunicacións de Hungría. Traballa en Centroeuropa.

           Norges Teknisk-Naturvitenskapelige Universitet Ntnu (Noruega: NO). Traballa polo norte de Europa, en Escandinavia.

 

     Como líderes de tarefas específicas están:

          Universidad Autónoma de Madrid (España: ES).

          Municipio de Vila do Conde (Portugal: PT). Moi interesado na promoción do Camiño Portugués, moi vencellado ao Camiño de Santiago.

          Fondazione Homo Viator - San Tebaldo (Italia: IT).

          Università degli Studi di Padova (Italia: IT).

          Maria Ut Kozhasznu Egyesulet (Hungría: HU).

          Slovenska Technicka Univerzita V Bratislave (Eslovaquia: SK).

          Univerzita Komenskeho V Bratislave (Eslovaquia: SK).

 

     É un consorcio moi diverso que aglutina a investigadores en distintos ámbitos do coñecemento. Que se ve apoiado por empresas, institucións públicas, axencias xestoras de rutas de peregrinación directamente, museos, etc.

     Cóntase, ademais destes 15 socios, co apoio doutras 14 entidades nacionais e internacionais, xa dende o momento da proposta, directamente relacionadas tamén coa xestión cultural, a promoción turística, posta en valor de rutas de peregrinación, etc.

 

Tres piares no proxecto

 

     O proxecto ten 3 piares fundamentais.

     1.- Conformación dunha rede de institucións paneuropea, onde se establezan diálogos entre axentes directamente relacionados coa toma de decisións para que isto chegue a ter o impacto desexado, facendo:

          Análise de iniciativas emprendidas por toda Europa (que cousas deron bo resultado, cales non tanto...).

          Intercambio de boas prácticas.

          Elaboración de recomendacións para a vindeira década 2021-2030.

 

     2.- Creación dunha plataforma tecnolóxica, para traballar no desenvolvemento de:

         Ferramentas para catalogar o patrimonio, para elaborar percorridos guiados e para gañar presencia na web, como mecanismo de promoción cara a un novo tipo de público.

          Axeitar as medidas e os mecanismos de promoción aos distintos públicos obxectivo, facer accións orientadas a públicos moi concretos.

          Xestionar aplicacións que nos permitan localizar recursos de interese, planificar viaxes, formar grupos e socializar, que é do que vai a experiencia do Camiño.

         Mobilizar, (dentro do que se fai na trastenda das bases de datos e servizos de planificación), dunha maneira máis axeitada os recursos de transporte, restauración e aloxamento, que poida ofrecer o medio rural circundante a cada tramo do Camiño.

 

     3.- Realización dun feixe de experiencias piloto, nas que se poida:

          Xerar ideas e experiencias empíricas de que cousas funcionan mellor e peor, e cales son exportables directamente a outros territorios.

          Levar a cabo accións orientadas, cunha perspectiva diversa, a distintos públicos e distintos territorios.

 

Catro pilotos, seis rutas

 

     Inicialmente planificáronse 4 pilotos, aínda que agora xa hai máis sobre a mesa.

    1.- Un relacionado co Camiño de Santiago, traballando en España e Portugal, cunha orientación predominante cara ao patrimonio literario, do cal imos sobrados e sempre é un recurso que pode enriquecer calquera outro tipo de percorrido.

     2.- Temos, nos camiños con destino a Roma, unha énfase no patrimonio termal e outros (arqueolóxico, distintos aspectos históricos...), aproveitando a existencia de tres grandes vías: a Via Francigena (ou Itinerario de Sigerico ou Via Romea-Francigena, que comeza na cidade inglesa de Canterbury, atravesa Francia e Suiza, e finaliza en Roma), a Via Romea Germanica (que se inicia no norte de Alemaña, e pasa por Austria e Italia para chegar a Roma, trazando os pasos do Abade Alberto de Stade) e a Via Romea Strata (ou Vía Romea Aquileiense, dende o Mar Báltico, cruzando Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Austria, pasa despois os Alpes e entra polo nordeste de Italia, a través do Tarvisio, cara a Roma).

     3.- No norte de Europa, principalmente apelando a persoas peregrinas de Noruega, Suecia e Dinamarca, falaremos de patrimonio etnográfico no Olavsweg, ou Camiño de San Olav (entre Oslo e Trondheim, Noruega, chegando dende diversos lugares, mesmo polo mar) (ten a catedral de Nidaros, obra mestra da arquitectura gótica, nos países nórdicos; é a sede da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía, unha das institucións educativas máis grandes do país; e de diversos festivais culturais).

     4.- Con destino a Csíksomlyó (Şumuleu Ciuc), en Romanía, na rexión de Transilvania, hai unha Ruta Mariana que bebe de fontes en Polonia, ou máis ao norte, dende Bosnia-Herzegovina, máis ao sur, e dende Austria, todo a través de Hungría; aí enfocaranse, inicialmente, en temas de patrimonio natural, que son directamente de interese para o que fagamos nós en Galicia, e para o que farán en Escandinavia tamén.

 

     Preténdese tamén explorar ata que punto son intercambiables as propostas e as experiencias dos distintos pilotos.

     Estes son enfoques non exclusivos, patrimonio etnográfico, literario, termal, natural..., que se irán ampliando e combinando, maridando, con outras vertentes que nos interesan dende sempre, como son a gastronomía, o folclore, a cultura do viño e da cervexa (se imos máis aló dos Pirineos), artesanía, etc.; preténdese dar cabida a todas estas orientacións.

 

Presenza e impacto pretendido

 

     Búscase que, nos próximos tres anos (2021 a 2023) (isto está planificado en 2020), a realización do proxecto se faga sentir claramente en Portugal, España, Italia, Hungría, Eslovaquia e Noruega, porque hai aí socios directamente representados no consorcio.

     Hai países que son tocados directamente por accións dos pilotos, porque as rutas penetran neles directamente. Hai quen discute se Bélxica, Luxemburgo, e Países Baixos, deberían estar incluídos como destinos do Camiño de Santiago..., chegan a tocar, pero non son tan directos como para consideralos dentro deste grupo. Con todo, si hai contactos preliminares con axencias de Amigos do Camiño e similares, nestes países do Benelux, en Irlanda, en Lituania, e no mes de outubro xa se concretou que, ao longo do próximo ano, 2021, hai que falar con axentes que están a traballar en Albania, Macedonia, Grecia e na parte europea de Turquía, que tamén din que este proxecto responde a necesidades que teñen, dende o punto de vista de seren axencias que queren poñer en valor rutas de peregrinación, bebendo da experiencia exitosa do Camiño de Santiago.

     Esta xente xa está toda chamando á porta. Espérase chegar a tempo de ofrecerlles algo con xeito, estar á altura das expectativas que, directamente, xa se manifestan nesta aposta clara e decidida da Comisión Europea con este orzamento tan importante en euros.

 

Obxectivos de rurALLURE

 

     rurALLURE ten como obxectivo achegar e divulgar de maneira “relevante, accesible e atractiva” o patrimonio cultural que rodea ás grandes vías de peregrinación de Europa para invitar as persoas potencialmente visitantes a descubrilo.

     Para isto, o consorcio desenvolverá unha plataforma tecnolóxica que reúna estes sitios e institucións de interese cultural (patrimonio arqueolóxico, histórico, termal, relixioso, etnográfico, literario, museos, recursos naturais, etc.), e procurará poñelos en relación cos servizos existentes na zona (aloxamento, restauración, transporte...) coa fin de definir un programa turístico e cultural completo, que enriqueza e prolongue a experiencia da peregrinación e das persoas visitantes.

     Esta plataforma de contido especializado, porá o foco no uso de novas narrativas multimedia e técnicas de storytelling (story = historia, telling = contar; a storytelling é unha técnica de mercadotecnia que utiliza as emocións para conectar co público obxectivo a través dunha historia desenvolvida, adaptada e contada, usando técnicas inspiradas en escritores e guionistas para transmitir unha mensaxe de xeito inesquecible), así como en estratexias de marketing (mercadotecnia: conxunto de técnicas que teñen como obxectivo mellorar a comercialización dun produto) dixital, para “seducir e motivar” as persoas visitantes de maneira eficaz. Contará, tanto con versión web, como con aplicacións para dispositivos móbiles.

     Así mesmo, rurALLURE senta as bases para a creación dunha rede de museos e centros culturais en zonas rurais para a promoción conxunta, o intercambio de boas prácticas e novos proxectos de cooperación no futuro.

 

Persoas, tempos e lugares

 

     rurALLURE conta cun presuposto de case tres millóns de euros para impulsar o turismo cultural e o desenvolvemento económico en áreas rurais a través de ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación.

     Ten unha duración de tres anos. Dende xaneiro de 2021 ata decembro de 2023.

     Será desenvolvida por 15 entidades socias de 6 países europeos (universidades, ademais das tres españolas, as de: University of Bratislava, Università di Padova, Università di Bologna, Norwegian University of Science and Technology).

     Coa fin de poder validar os resultados da investigación e o funcionamento da plataforma, o proxecto contempla o desenvolvemento de catro experiencias piloto:

     Patrimonio literario nos Camiños de Santiago (España).

     Patrimonio termal, arqueolóxico e outros, nos Camiños a Roma (Italia).

     Patrimonio etnográfico nos Camiños de San Olaf (Noruega).

     Patrimonio natural nas vías de peregrinación da Ruta Mariana a Csíksomlyó (Şumuleu Ciuc) (Romanía).

 

     O proxecto coincide, en tempo de execución, coas celebracións do Ano Xacobeo 2021 (alongado a todo o 2022 pola COVID-19), e aportará un valor engadido ás vías xacobeas, creando novos produtos e contribuíndo a aliviar, a través de itinerarios alternativos, os puntos máis masificados. O turismo de peregrinacións, que xunta elementos experienciais, espirituais, culturais e naturais-paisaxísticos, debúxase como un produto viable no novo escenario turístico post-COVID, tendo en conta, ademais, que o seu perfil de persoa viaxeira é de alguén que está altamente motivada, e que ofrece experiencias individuais e de grupo, e ao aire libre, ao tempo que permitirá derivar persoas cara ao medio rural para fomentar o coñecemento doutras áreas próximas que aínda non o teñen desenvolvido, que aínda non están o suficientemente “descubertas”.

 

Presentación de rurALLURE na Universidade de Vigo

 

     A presentación do proxecto de investigación rurALLURE: ‘Promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos camiños de peregrinación de Europa’ ou ‘Promoción do patrimonio rural nas inmediacións das rutas de peregrinación europeas’, do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea, fíxoa Martín López Nores, coordinador europeo do proxecto, o 9 de novembro de 2020. Explicou o que podedes ler nesta páxina.

     Os tres vídeos da presentación poden verse neste sitio web da Universidade de Vigo:

     https://tv.uvigo.es/series/5fa971a4765a4e5d6519f790

 

Rede de cooperación europea rurALLURE

 

     O proxecto rurALLURE dura dende xaneiro de 2021 ata decembro de 2023, así que a mediados do ano 2023 xa se está a pensar nunha rede de traballo derivada do proxecto, que conecte, cando o proxecto remate, aos socios de rurALLURE e lles permita seguir traballando xuntos e coordinarse, utilizando as metodoloxías e ferramentas deseñadas no rurALLURE, fomentando así o potencial estratéxico das rutas de peregrinación transnacionais para actuar como catalizadores do desenvolvemento local e a cooperación transfronteiriza.

     O 27 de xuño de 2023 preséntase a Rede de Cooperación Europea rurALLURE en Gjøvik, Trondheim, nas instalacións da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU: Norges teknisk-naturvitenskapelige universitet), como unha Rede derivada do proxecto rurALLURE.

     https://rurallure.eu/network-along-pilgrimage-routes/

 

Traballo do Grupo de Investigación MP1

co Camiño Miñoto Ribeiro

no proxecto rurALLURE

 

     Facer un perfilado das persoas que peregrinan polo Camiño Miñoto Ribeiro.

          Cuestionario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeCqsKgSk9qJJTqD8MWLH_uAYcTEeEPDyvh3Ibh_LC5nGh3Uw/viewform

 

     Recoller o patrimonio natural e o patrimonio cultural: material ou tanxible (inmoble e moble) e inmaterial ou intanxible, do Camiño Miñoto Ribeiro.

 

     Recoller, especificamente, patrimonio de augas mineromedicinais e hospitais medievais do Camiño Miñoto Ribeiro.

 

    Recoller, especificamente, patrimonio literario, de persoas autoras e obras, de literatura de tradición oral e escrita, utilizando a literatura como ferramenta para interpretar e difundir o patrimonio a través de poesías, contos, novelas, obras de teatro, literatura de viaxes, de peregrinacións, de experiencias persoais..., xa existentes, ou novas, ao longo do Camiño Miñoto Ribeiro.

 

     Difundir as actividades de xestión, de investigación e de transferencia á sociedade, levadas a cabo polo Grupo MP1, relacionadas co Camiño Miñoto Ribeiro.

     Exposición da Universidade de Vigo sobre a investigación e divulgación científica que fan en galego os grupos de investigación dela: “En galego! Exposición sobre a divulgación científica na nosa lingua”, inaugurada en setembro de 2021. Panel do grupo MP1:

    

 

     Elaborar guías didácticas e libros que abrangan dende alumnado da ESO, Bacharelato e FP, ata alumnado universitario e persoas adultas en xeral, e que, adaptadas polo profesorado de Ensino Primario, poidan ser utilizadas, tamén, nos colexios. Elaborar e colaborar na edición de publicacións de difusión científica, educativa e informativa (catálogos, folletos, glosarios, guías, páxinas web...). Botar a andar publicacións de divulgación do coñecemento:

          Maceiras L, Estévez JR, García D, Lamas J, Lozano M, Maceiras M, Segovia A; Gulín A, López J, Méndez MJ. A saúde e os seus coidados no Camiño Miñoto Ribeiro. Vigo: Universidade de Vigo; 2020.
Dispoñible en: 
http://hdl.handle.net/11093/1716

          Esta guía didáctica contén unha visión das definicións e conceptos da saúde e a enfermidade ao longo da historia, das enfermidades na Idade Media e na Galicia Medieval, e dos coidados das persoas enfermas e onde se levaban a cabo, e un achegamento aos hospitais e lugares de coidados da saúde medievais que existiron no Camiño Miñoto Ribeiro. Inclúe un glosario e actividades didácticas para as aulas.
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-achegase-ao-ensino-secundario-divulgando-conecemento-desenvolvido-seus-grupos-investigacion

          Maceiras L. Unha mirada dende a Saúde Pública cara ó Camiño Xacobeo Minhoto-Ribeiro. En: Cid XM, Braña F, Fernández M, Fernández X, editores. Os camiños de Santiago: miradas e experiencias. Libro de actas do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego; 2010 Feb 25-28–Mar 1; Ourense, España. Ourense: Deputación de Ourense; 2012. p. 119-138.
Dispoñible en: http://hdl.handle.net/11093/1083

          O libro de actas enteiro está en:
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=26&Itemid=23&lang=gl

           Triptico do Congreso:

          González García MA. Ribadavia jacobea y hospitalaria. Fundación Cultural Rutas del Románico. XI ruta cicloturista del Románico internacional. 1993; 11: 129-130.

 

Actuacións Camiño Miñoto Ribeiro

 

     Xuntanza do Grupo de investigación MP1 da Universidade de Vigo coa Asociación Camiño Miñoto Ribeiro (de concellos deste Camiño), á que asistiron como invitados o Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Centro de Estudos Chamoso Lamas - 2021

            Presentación da guía didáctica A saúde e os seus coidados no Camiño Miñoto Ribeiro elaborada polo Grupo de investigación MP1 da Universidade de Vigo e outros profesionais colaboradores, coa asistencia da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro (de concellos deste Camiño), o Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Centro de Estudos Chamoso Lamas - 2021:

          https://drive.google.com/drive/folders/1K4RKPcadPjGUS25xZnL-0fle3X0U0RkL

 

     Documental sobre o Camiño Miñoto Ribeiro - 2022:

          https://www.youtube.com/watch?v=v7THzSgJ33U  (avance de 1 minuto)

          https://www.youtube.com/watch?v=5fTFOG2FDFI  (avance de 5 minutos)

          https://www.depourense.gal/index.php/es/mainmenu-noticias-es/6476-documental-sobre-o-camino-minoto-ribeiro-estreado-esta-tarde-no-principal

 

     PEJ22 - 2022:

          https://drive.google.com/drive/folders/1fR3LWGAwK4jFJgiLQm7yoLcjr7pNp1CL

          https://www.pej22.es/caminos/camino-minoto-ribeiro/

          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ribadavia/2022/07/28/camino-minoto-ribeiro-acoge-500-jovenes-ribadavia-boboras/0003_202207O28C4999.htm

          https://www.laregion.es/articulo/verano/jovenes-peregrinos-parten-hoy-ribadavia/202207282357101149365.html

          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2022/08/03/estrada-recibe-500-peregrinos-recorren-camino-minoto-ribeiro/0003_202208D3C4997.htm

 

     43 Festa do Pemento da Arnoia - 2022:

          https://drive.google.com/drive/folders/1TDYY09A2Fj1bi1c1gNZ_5qpyjoMeBRMO

          https://www.depourense.gal/index.php/es/mainmenu-noticias-es/6812-a-arnoia-xliii-festa-do-pemento-un-dos-produtos-senlleiros-da-gastronomia-ourensa

          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-arnoia/2022/07/29/festa-do-pemento-da-arnoia-e-onde-pobo-xunta/0003_202207O29C69921.htm

 

     XANTAR 2022: Premio ao Mellor Stand Restaurante:

          https://drive.google.com/drive/folders/1PsJy23MuV3sxXwrspbYGzab5RvGJEDht

          https://www.excelenciasgourmet.com/es/noticias-gourmet/xantar-promociona-el-camino-de-santiago-como-elemento-dinamizador-del-medio-rural

          https://www.facebook.com/caminoxacobeojacobeo/videos/1294494884651524

          https://rurallure.eu/rurallure-partner-camino-minoto-ribeiro-won-the-best-restaurant-stand-award/

 

     Memoria rurAllure 2022:

          https://rurallure.eu/wordpress/wp-content/uploads/2023/02/D4.2-Ways-to-Santiago-de-Compostela-Second-pilot-report_compressed.pdf

 

     As rutas sagradas da Galicia Antiga e o Camiño de Santiago. Particularidades do Camiño Miñoto Ribeiro - 2023:

          https://drive.google.com/drive/folders/1igQ-2hSKpKWeYYs9gEFkQQ9n_W5lmxXq

          https://www.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/agenda/conferencia-rutas-sagradas-galicia-antiga-camino-santiago-particularidades-camino-minoto-ribeiro

          https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal/gl/actividades/rutas-sagradas-da-galicia-antiga-e-o-camino-de-santiago-particularidades-do-camino

           https://rurallure.eu/conference-the-sacred-routes-of-ancient-galicia-particularities-of-the-minoto-ribeiro-way/

           https://rurallure.eu/wordpress/wp-content/uploads/2023/08/2023-09-05-Conferencia-Museo-Etnoloxico-Ribadavia.pdf

           https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal/gl/novas/rutas-sagradas-da-galicia-antiga-e-o-camino-de-santiagoparticularidades-do-camino-minoto

           https://www.facebook.com/profile.php?id=100064299657306

 

Guías

 

     Asociación Camiño Miñoto Ribeiro (asociación dos concellos deste Camiño):

          Guía do Camiño Miñoto Ribeiro

 

     Turismo de Porto e Norte de Portugal: Caminhos Portugueses de Santiago:

          Caminho Minhoto Ribeiro (entre outros)

 

Comentarios, suxestións, petición de información, etc. a:  

 

Esta páxina web está a funcionar dende o 10-11-2020
Última actualización: 01-12-2024

 

Inicio