PRELUDIO DO OUTONO (Bodegón fotográfico)

Autora: Helena Villar Janeiro

As colores e as formas dos froitos son unha tentación das plantas para favorecer a alimentación sá. Á chamada non se substraen os humanos, pero o seu distanciamento dos lugares de produción e a implantación do cultivo intensivo propicia o consumo de froitos con praguicidas ou preparados con aditivos non saudables.

Unha maneira de promover o consumo destes alimentos sans é o autocultivo nun horto independente, que forme parte do xardín ou instalado con macetas en terrazas e balcóns.

O cultivo do horto engade tamén a posibilidade de personalizar o ocio, e o pracer de entrar en contacto coa terra e coas súas variacións estacionais, contribuíndo ao equilibrio psicolóxico e á mellora da saúde mental.