CARTA DENDE O CORAZÓN

Autora: Isabel Somoza

As obras que envío pertencen á serie "experimentos xenéticos".

Nesta serie reflexiono nun entorno alquimista, de investigación no laboratorio, onde se poden crear novos xeitos de vida.
Nos meus experimentos persoais, a partires dunha semente que é o corazón, medra unha planta-ala: das propias venas do corazón xorden raíces que alimentan o tallo da planta e a modo de follas nacen delicadas plumas.