ESTOCOLMO CITY HALL (SUECIA)

Autor: João Lombardeiro

Estamos no lugar onde se outorgan os Premios Nobel: a saúde entendida no plano da adaptación ao medio e da produtividade e construción intelectual para o resto da sociedade.

Usamos o “premio Nobel” como estereotipo recoñecido da persoa intelectualmente produtiva. Mais tamén a xente que está no grupo da fotografía, sen ter premio Nobel, pode ser ou xa é produtiva e construtiva (sobre todo, se sobreviven ao obxecto que pende sobre eles). Neste momento están interactuando coa súa contorna visitando un lugar singular e carregado de significados.