Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Curso de Extensión Universitaria nº 2001/535

Habilidades para a comunicación.
Dinámica de grupos.

 

Do 9 ó 13 de xullo de 2001

Lugar: E.U. Fisioterapia - Campus de Pontevedra

Dirección: Lourdes Maceiras García

 

 

INTRODUCCIÓN
A expresión 'dinámica de grupos' pode ter diversas acepcións segundo as culturas; en España emprégase para designar un conxunto de métodos e de técnicas que serven para axudar á maduración das persoas mediante o grupo, sobre todo facéndose conscentes dos procesos de comunicación no grupo e mellorando a percepción de si mesmo e dos demais.

 

OBXECTIVO XERAL
Facer un entrenamento na comunicación.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Levar a cabo unha iniciación práctica na comunicación.
- Mellorar a comunicación dentro do grupo.
- Mellorar a comunicación tanto verbal como non verbal.
- Posibilitar a introspección e coñecemento de si mesmo por medio do grupo.
- Comprender os factores que inhiben ou facilitan a comunicación.
- Comprender as relacións interpersoais.

 

PROGRAMA

LUNS, 9 DE XULLO
  9,30 h. A xénese dun grupo.
            
Javier Calvo Guinda. Universidade de Zaragoza.
11,00 h. A fase inicial dun grupo. Exercicios.
             Nieves Lamarca Calandín. UNED.
13,00 h. O sentimento de autoestima.
              Lourdes Maceiras García. Universidade de Vigo.

MARTES, 10 DE XULLO
  9,30 h. As necesidades humanas segundo A. Maslow.
             Lourdes Maceiras García. Universidade de Vigo.
11,00 h. A comunicación. Exercicios.
             Nieves Lamarca Calandín. UNED.
13,00 h. Clarificación de valores. Exercicios.
             Lourdes Maceiras García. Universidade de Vigo.

MÉRCORES, 11 DE XULLO
Festivo local: S. Benitiño de Lérez.

XOVES, 12 DE XULLO
  9,30 h. As actitudes segundo C.R. Rogers.
            
Javier Calvo Guinda. Universidade de Zaragoza.
11,00 h. A escoita. Exercicios.
             Nieves Lamarca Calandín. UNED.
13,00 h. Relaxación.
             Nieves Lamarca Calandín. UNED.
             Consulta dun caso. Exercicios.
             Javier Calvo Guinda. Universidade de Zaragoza.

VENRES, 13 DE XULLO
  9,30 h. Xeralidades da entrevista.
             Javier Calvo Guinda. Universidade de Zaragoza.
11,00 h. Os estilos de mando.
            
Javier Calvo Guinda. Universidade de Zaragoza.
13,00 h. Dramatización.
             Nieves Lamarca Calandín. UNED.


       Vicerrectorado de Extensión Universitaria

PATROCINADORES E COLABORADORES
Banco Pastor.
Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Caixanova.
Fundación Caixa Galicia.

PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 29 de xuño de 2001. (Como norma xeral, os prazos de inscrición dos cursos de Extensión Universitaria, permanecerán abertos ata sete días antes do inicio do curso).
A matrícula entenderase formalizada cando o alumno entregue nas Secretarías de Cursos de Extensión Universitaria a documentación completa (ficha de inscrición, resgardo de pagamento de taxas, fotocopia D.N.I...)

DURACIÓN
20 horas lectivas.
É obrigatorio asistir ó 85% das clases para recibir o diploma.

VALIDACIÓN
1 crédito
(naquelas titulacións que o teñan previsto no plano de estudios).

NÚMERO DE PRAZAS
50.

PREZO DA MATRÍCULA
Matrícula completa: 18.000 pts.
* Desconto do 50% para os membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo.
* Desconto do 75% para os bolseiros do M.E.C. membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo.


Pode baixar a FICHA DE INSCRICIÓN en formato Word dende aquí:

     

PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA POR CORREO:

Cubrir a ficha de inscrición e formalizala antes do remate do prazo de inscrición na:
SECRETARÍA DOS CURSOS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Rúa Oporto 1
36201 Vigo
Fax: 9 86 81 40 32

XUSTIFICANTES QUE SE DEBEN ACHEGAR
Xustificante de pagamento (na Secretaría/Rexistros).
Fotocopia da condición de membro da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo.
Fotocopia do D.N.I.
Fotocopia da credencial de bolseiro MEC (só alumnos da U. Vigo).
Calquera outro documento que se solicite.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA
Vigo: 9 86 81 36 26 - Secretaría dos Cursos Complementarios - Rectorado.
Pontevedra: 9 86 80 19 55 - Facultade de Ciencias Sociais (Rexistro).
Ourense: 9 88 38 71 03 - Unidade Administrativa do Campus (Rexistro).
Vigo: 9 86 81 39 02 - CACTI (Rexistro).


AVALIACIÓN DO CURSO:     

ALGUNHAS FOTOS DO CURSO (pinche sobre elas se as quere ver máis grandes):

 


Máis información sobre os Cursos de Extensión Universitaria en:
http://www.uvigo.es/webs/servicios/webext/cursos/2001.pdf

 

Inicio