Chamamento de solidariedade coa catástrofe de Haití
Haití antes e despois.
¡¡¡OLLO!!!, este chamamento NON é só para profesionais da medicina, é para todo tipo de persoal que traballe na sanidade.
CHAMAMENTO
PARA EXPOSICIÓN E POXA SANITARIA
PARA HAITÍ
Estimado/a compañeiro/a:
Non podemos ir a Haití pero queremos estar na primeira liña de atención ás persoas afectadas polo sismo, cos compañeiros das organizacións internacionais.
Queremos propoñer, como suxestións dalgún compañeiro artista, se efectivamente fose posible facelo, a organización dunha exposición e posterior poxa de obras de arte solidarias (pintura, escultura, fotografía) de profesionais sanitarios Galegos, que tiveran a ben cedelas con esta fin. Os fondos acadados serían entregados a algunha das organizacións sanitarias internacionais que están a traballar na illa.
Se estiveras disposto/a a participar nesta iniciativa, cunha ou dúas das túas obras, prego contestes nese sentido ao enderezo electrónico que abaixo se indica, coa fin de valorar a viabilidade real desta iniciativa sanitaria solidaria.
Sen outro particular, e agradecendo a atención prestada, recibe cordiais saúdos.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2010
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial
desenvolvemento.seguridade.asistencial@sergas.es
Teléfono: 881 540 309 ; Fax: 881 548 684
Edificio Administrativo de San Lázaro
15771 Santiago de Compostela (A Coruña)