Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

Campus de Pontevedra

Curso académico 2023-2024

 

 

Centro - Titulación: Facultade de Fisioterapia - Grao en Fisioterapia

Materia: Saúde Pública e Fisioterapia Comunitaria

Código: P05G171V01207

Créditos ECTS: 6

Carácter: Obrigatoria (OB)

Curso:

Cuadrimestre:

Departamento: Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Coordinación: Prof. Maceiras García, Lourdes

Profesorado: Prof. Maceiras García, Lourdes - lurdesmg@uvigo.es
                       Prof. Novoa Santos, Borja - borja@uvigo.es

 

Horarios:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/horarios/

 

Datas dos exames oficiais:

http://fisioterapia.uvigo.es/docencia/exames/

 

Unidade: Saúde Pública

Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública

Profesorado: Prof. Dra. Maceiras García, Lourdes

 

Titorías de Saúde Pública:

Luns e mércores de 11 a 14 h.

En: andar 1º, despacho 5.

Tamén no despacho virtual da profesora: https://campusremotouvigo.gal/faculty/993

Tamén por correo electrónico: lurdesmg@uvigo.es

Concertadas previamente.

Teléfono: 986 801 750.
Fax: 986 801 780.

Sitio web: http://mpsp.webs.uvigo.es

 

Campus remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal

 

Contidos de Saúde Pública:

A. Teoría:

  1. Tema: A saúde.
    Subtemas: Concepto de saúde; evolución histórica. A saúde e os seus determinantes.
    Historia natural da enfermidade; niveis de prevención.

  2. Tema: Demografía sanitaria.
    Subtemas: Demografía estática. Demografía dinámica. Sistemas de Información Sanitaria (SIS).
    Diagnóstico de saúde.

  3. Tema: Epidemioloxía.
    Subtemas:
    Concepto e aplicacións. Medidas de frecuencia e asociación. Tipos de estudos epidemiolóxicos.

  4. Tema: Estilos de vida e saúde.
    Subtemas: Promoción da saúde. Educación para a Saúde (EpS). Modelo de aprendizaxe do comportamento.

  5. Tema: Saúde global.
    Subtemas:
    Organizacións internacionais de saúde e desenvolvemento. Emerxencias e saúde pública internacional.

B. Seminarios:

  1. Técnicas cualitativas de planificación.

  2. Datos epidemiolóxicos.

 

Bibliografía básica:

- Fernández-Crehuet J, Gestal JJ, Delgado M, Bolúmar F, Herruzo R, Serra Ll (eds). Piédrola Gil. Medicina preventiva y salud pública. Ed. Elsevier / Masson.

- Hernández-Aguado I, Gil A, Lumbreras B (eds). Manual de epidemiología y salud pública para grados en ciencias de la salud. Ed. Médica Panamericana.

- Martín Zurro A, Cano JF, Gené J (eds). Compendio de atención primaria. Ed. Elsevier.

 

Bibliografía complementaria:

- Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, Gili M, Marset P, Navarro V (eds). Salud pública. Ed. Mc Graw Hill / Interamericana.

 - Seco J, Burgos N. Fisioterapia comunitaria y salud pública. Ed. Médica Panamericana.

- Maceiras L, Estévez JR, García D, Lamas J, Lozano M, Maceiras M, Segovia A; Gulín A, López J, Méndez MJ. A saúde e os seus coidados. Ed. Universidade de Vigo. Dispoñible en: <http://hdl.handle.net/11093/1716>.

- Ashton J, Seymour H. La nueva salud pública. Ed. Masson / SG.

- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos y estrategias. Ed. Masson / SG.

- Salleras Sanmartí L. Educación sanitaria. Principios, métodos y aplicaciones. Ed. Díaz de Santos.

- Louro González A, Serrano Peña J, González Guitián C (eds). Guías para la consulta de atención primaria. Gestión de la información y el conocimiento en el punto de atención. Ed. Casitérides.

- Varela J, Galego P. Bases para la mejora continua de la calidad de los servicios de salud. Ed. Xunta de Galicia.

- Medina F. Bases para la incorporación de los fisioterapeutas en los equipos de atención primaria. Fisioterapia. 1992;14:125-53.

- Burgos R, Chicharro JA, Bobenrieth M. Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Ed. Escuela Andaluza de Salud Pública.

- Bobenrieth MA. El artículo científico original. Estructura, estilo, y lectura crítica. Ed. Escuela Andaluza de Salud Pública.

 

- Revista Salud Pública y Educación para la Salud (en Internet e na Biblioteca da Universidade).

- Revista Española de Salud Pública (RESP) (en Internet e na Biblioteca da Universidade).

- Gaceta Sanitaria (en Internet e na Biblioteca da Universidade).

- Revista Apuntes de Salud Pública (en Internet e na Biblioteca da Universidade).

- European Journal of Public Health

 

Programa da materia en cursos anteriores

 

Competencias de titulación e Competencias de materia: (Ver Guía da Titulación)

Planificación docente: (Ver Guía da Titulación)

Materia na Guía da Titulación

 

Carga docente COAP:

Grupo A: 42 h estudante; 1 grupo; 42 h profesorado (21 SP + 21 FC).
Grupo B: 8 h estudante; 3 grupos; 24 h profesorado (4 x 3 = 12 SP + 4 x 3 = 12 FC).

Total A + B: 50 h estudante; 66 h profesorado.

Actividades autónomas estudante: 100 h.

Total horas estudante: 150 h.

 

Metodoloxía docente:

O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Actividades introdutorias: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.

Leccións maxistrais: As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Nelas interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.

Seminarios: Constarán de prácticas, casos clínicos, actividades e traballos, que permitirán afondar nos contidos da materia. Neles interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Empregaranse como complemento das clases teóricas.

 

Atención personalizada:

Actividades introdutorias: O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.

Leccións maxistrais: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento da docencia farase un grupo A ou gupo grande
Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado, indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

Seminarios: Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento dos seminarios faranse tres grupos B ou gupos medianos.
Enviarase toda a información sobre os seminarios e os cambios e recomendacións, a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado, indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus Remoto, será necesario concertalas previamente por correo electrónico.

 

Avaliación:

Unidade de Saúde Pública: Coñecementos teóricos: Exame de preguntas obxectivas, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación; cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
Esta proba terá un valor do 40 % da nota final.

Unidade de Fisioterapia Comunitaria: Coñecementos teóricos: Exame de resposta longa, de desenvolvemento. Non se poderá deixar ningunha pregunta sen resposta efectiva; un cero nunha pregunta suporá un suspenso no exame. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
Durante as sesións maxistrais poderán desenvolverse exercicios que, de seren superados polo alumnado, desgravarán materia nas probas de avaliación.

Seminarios: Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento dos seminarios; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Nalgúns seminarios faranse preguntas por escrito que hai que responder neles.
Terán un valor do 20 % da nota final: 10% da Unidade de Saúde Pública + 10% da Unidade de Fisioterapia Comunitaria.

 

Outros comentarios sobre a avaliación:

Esta materia consta de dúas unidades: Unidade I: Saúde Pública e Unidade II: Fisioterapia Comunitaria. A avaliación farase de cada unidade por separado, sendo necesario, para aprobar a materia, asistir aos seminarios e superar as dúas unidades independentemente; e, dentro delas, cada unha das súas partes: teoría e seminarios, tamén independentemente.
A nota final será a media das dúas unidades, se ambas están aprobadas ou suspensas. Se só se aproba unha unidade, ou parte dela, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes, e a nota será a da parte suspensa.

AVALIACIÓN CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará:

* Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez finalizada a metade dos contidos teóricos: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de SP e 20% da Unidade de FC; realizarase dentro do horario asignado ás clases lectivas da materia. Se se suspende, non pode recuperarse na convocatoria ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª oportunidade.

* Outro exame parcial de coñecementos teóricos na convocatoria ordinaria: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de SP e 20% da Unidade de FC.

* Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN GLOBAL (se se renuncia á avaliación continua): O alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito, seguindo o procedemento establecido na Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita a renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección da modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que queden por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha proba de avaliación global: un exame de coñecementos teóricos na data oficial da convocatoria ordinaria, que contará un 80% da nota final: 40% da Unidade de SP e 40% da Unidade de FC.
A esta puntuación sumarase o 20% da nota dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE: É unha avaliación extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa.

O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún dos exames parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu á avaliación global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

 

Recomendacións:

1. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
2. Manter unha actitude participativa perante as clases.
3. Estudo e revisión semanal da materia impartida e as notas tomadas na clase.
4. Lectura da bibliografía recomendada.
5. Utilización das titorías.

 

Calendarios Académicos da Universidade de Vigo (por cursos)

 

Calendario Ensino Non Universitario

 

Seminarios

 

Inicio