Persoas

Medicina e Arte
en Galicia

 

                        

 

Lourdes Maceiras

Licenciada e doutora en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo (UVIGO).

¿A medicina?... un amor. ¿A literatura?... unha paixón. ¿A fotografía?... unha amizade.

¿O meu obxectivo para fotografar?, a natureza sobre todo, en calquera das súas expresións.

Non sei moi ben cando empecei a manexar unha máquina fotográfica...
Lembro que, cando era aínda moi cativa, tocoulle ao meu pai unha máquina de fotos nunha tómbola na Coruña. Era de factura alamana e facía moi boas fotos (aínda as fai hoxe) (vese que o obxectivo é bo), cun aquel de alma forte embutida no seu corpo de metal e pasta negra (non chegaran os tempos do plástico e o PVC). Con aquela máquina el fixérame as fotos da miña Primeira Comuñón (que entón recibíase aos sete anos), e con aquela máquina fixen eu as miñas primeiras fotografías... e moitas máis... Probablemente, sen sabelo, compartía co meu pai unha afección común, dado que naqueles tempos non había, coma hoxe, unha cultura fotográfica impregnando a sociedade, ¡pero todo se pega!..., e isto mesmo sigo a confirmar (que se pega todiño) cando vexo á miña filla que, dende os dous anos e medio, xa colle a máquina dixital pequena (a grande non lla deixo por motivos obvios...) e vai por aí fotografando todo o que lle chama a atención... (ou sexa, todo, que xa sabedes como son os cachorros, sexan da especie animal que sexan...). Aquela primeira máquina fotográfica tiña un negativo grande, coma os das máquinas profesionais de entón (¡nada que ver cos 35 mm!), iso favorecía os resultados, e xa sabemos que obter un bo produto final non só lle acae ben á autoestima, senón que tamén é unha importante retroalimentación positiva que anima a continuar facendo o mesmo e mellorándoo.

Cando escoito as interminables disquisicións entre as bondades e maldades das diversas opcións existentes na actualidade, e que se mellor analóxica ou dixital, ou mellor réflex ou compacta, ou con que obxectivos, filtros e demais complementos..., ás veces dáme o riso e lembro os meus primeiros tempos, por suposto en branco e negro, coa máquina alamana da tómbola..., sinceramente, hai fotografías de entón que aínda hoxe non mellorei, aínda que si mellorei, e moito, o meu equipo fotográfico... O segredo é aprender a mirar e ver cos ollos da máquina de fotografar, xa que ela nunca vai ver cos nosos ollos.

O Nadal pasado enviáronnos a casa unha felicitación case inaparente que traía título: “El encargo”, coido que, nun primeiro momento, nin a lin (era unha felicitación comercial e só con texto), pero cando o fixen, identifiqueime de inmediato con ela (pasoume un pouco coma co libro A pantasma de Canterville, que de pequena non o quixen ler porque pensei que me darían medo as pantasmas, e cando o lin, rin tanto que me deu pena non telo feito antes). Vou transcribir o texto que traía porque penso que paga a pena coñecelo:

    Un mercader florentino propuso a un artesano que hiciera una réplica de una antigua escultura, obra de un renombrado artista, que quería un cliente suyo. El artesano aceptó el encargo ya que necesitaba el dinero. El mercader entregó, cuando estuvo acabada, la reproducción a su cliente, que pagó el precio concertado. Pero cuando el comprador pudo contemplar la escultura con calma, a solas, se quedó sobrecogido. Inmediatamente se puso en contacto con el mercader, quería conocer personalmente al artista desconocido. El mercader se rió: el escultor que buscaba no era un artista, sino un simple y pobre artesano. El comprador insistió y logró concertar una entrevista con el artista. Nada más verlo, le confesó que admiraba su enorme talento. Las copias se habían acabado. A partir de entonces comenzaba una nueva etapa, trabajaría para él como artista, creando sus propias obras en el Vaticano.
    Aquel artista era Miguel Ángel. Su talento y su originalidad eran tan desbordantes que era incapaz de copiar solamente. De hecho, jamás copió. Porque él siempre fue un paso por delante.
    No es tanto ver lo que aún nadie ha visto, sino pensar lo que todavía nadie ha pensado sobre aquello que todos ven.
    Piensa, evoluciona, crece
.
    Feliz 2007”.

Isto fíxome lembrar que non hai moito tempo o Museo de Arte Moderno de New York (MoMA) reformou o seu edificio e revisou, reclasificou e ordenou toda a súa obra. As persoas que o levan quedaron abraiadas ao comprobaren que tiñan nel máis falsificacións das que supuxeran, pero quedárono máis aínda cando as analizaron e se decataron de que moitas delas superaban bastante ao orixinal.

 

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:

1984 - VI Concurso Fotográfico: ‘A VII Carreira Pedestre Popular de Santiago. Santiago de Compostela (A Coruña).

1985 - Certame Fotográfico: ‘Fotografía con corazón’. Colexios Maiores da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela (A Coruña).

        - Certamen Nacional de Fotografía: ‘La Naturaleza vista por los Jóvenes: Los Árboles’. Ministerio de Cultura e Instituto de la Juventud. Madrid.

1990 - VI Certame Fotográfico: ‘Natureza e ecoloxía’. Caldas de Reis (Pontevedra).

1991 - I Certame Fotográfico: ‘Medio Ambiente’. Ferrol (A Coruña).

         - VII Certame Fotográfico: ‘Natureza e ecoloxía’. Caldas de Reis (Pontevedra).

2008-2009 - ‘Médicos Artistas Plásticos de Galicia no Camiño’. Colectiva. Itinerante polo Camiño de Santiago:

Ø      polos concellos galegos do Camiño Francés, provincias de Lugo e A Coruña:
o       Palas de Rei, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal, e na Sala de Exposicións do Concello;
o       Monterroso, na Sala de Exposicións do Concello;
o       Sarria, na Casa da Cultura;
o       Pedrafita, no Centro de Artesanía;
o       Samos e Triacastela, no Mosteiro de Samos;
o       Paradela, no Centro Sociocultural;
o       Portomarín, na Casa da Cultura;
o       Melide, no Edificio Multiusos;
o       Arzúa, na Capela da Madanela;
o       O Pino, ca Casa da Cultura;
o       Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural Caixa Galicia;

Ø      en Lugo, no Museo Provincial.

2009 - ‘Médicos Artistas Plásticos de Galicia’. Na Sala de Exposicións de Caixanova, O Barco de Valdeorras (Ourense).

         - Exposición de Arte Postal: Jardin(s). Médiathèques et Bibliothèques d'Agglomération. Montpellier (France).

         - ‘Medicina e Arte, outro Camiño’. Na Igrexa da Madalena (Local Social da Madalena), Ribadavia (Ourense).

         - Exposición de Arte Postal: A (R)evolução de Darwin. Museu da Ciência e Universidade de Coimbra. Coimbra (Portugal).

        - Exposición de Arte Postal: ‘Recuperando corazones. Arte Postal contra la violencia de género’. Artemisia y Compañía (Asociación de mujeres artistas). Jaca (Huesca) e Boadilla del Monte (Madrid).

2010 - Exposición de Arte Postal: ‘Arte y trastorno mental’. Psicotrex. Tarragona.

         - Exposición para a Poxa benéfica pro Haití e Chile do SERGAS (Servicio Galego de Saúde). Consellería de Sanidade. Santiago de Compostela (A Coruña).

         - Exposición de Arte Postal: ‘Arte y discapacidad’. Centro Ocupacional José Moyá. Totana (Murcia).

         - Exposición colectiva de Poesía Visual: ‘A José Antonio Labordeta, uno de los nuestros’. Boek861. Tarragona.

2011 - ‘Medicina e Arte’. No Centro Multifuncional do Concello, O Carballiño (Ourense).

         - ‘Medicina e Arte’. Na Sala de Exposicións do Concello, O Rosal (Pontevedra).

         - Exposición de Arte Postal: ‘Os livros’. No Centro Cultural e Livraria Alpharrabio, São Paulo (Brasil).

         - ‘Enarborar o bosque’. Na Sala de Exposicións do Concello no Castelo de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).

 

PUBLICACIÓNS COLECTIVAS:

2010 - En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do Mosteiro. Asociación de Escritores en Língua Galega e Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova.

2010-2011 - Octopus. Libro colectivo de Arte Postal. A Coruña.

2011 - Vento Lois. Asociación de Escritores en Língua Galega.

 

OUTRAS PUBLICACIÓNS:

Biblioteca Virtual Galega - Lourdes Maceiras

Asociación de Escritores en Língua Galega - Lourdes Maceiras

 

PREMIOS:

1981 - Mención especial - Día das Letras Galegas. Boiro (A Coruña).

1983 - Vencedora na proba de Fotografía. Letras Galegas. Boiro (A Coruña).

1984 - Vencedora na proba de Fotografía. Letras Galegas. Boiro (A Coruña).

         -  Mención especial e diploma. ‘VI Concurso Fotográfico’ da VII Carreira Pedestre Popular de Santiago. Santiago de Compostela (A Coruña).

1985 - Diploma de honor. 1º concurso nacional: Fotografía tu mascota. Barcelona.

1989 - Mención especial. Concurso nacional de fotografía: ‘El más guapo del barrio (fotografías de/con perro/s). Barcelona.

2006 - Premio final (compartido; déronse cinco premios finais en igualdade de condicións). Concurso internacional de fotografía: Naturaleza y turismo rural. En Internet.

 

Algún premio literario de relato curto, sobre a natureza e sobre o Camiño de Santiago.

 

http://webs.uvigo.es/mpsp/maceiras/lm

http://webs.uvigo.es/ageps/vida/fotos/lurdes/lurdes.htm

 

Castelo de Pambre ao solpor. Fotografía dixital s. dibón, 57 x 38 cm, 2008.

 

Finis terrae. Fotografía dixital s. dibón, 57 x 38 cm, 2006.

 

Igrexa de Serantes 1. Fotografía dixital s. papel fotográfico, 45 x 30 cm, 2009.

 

Igrexa de Serantes 2. Fotografía dixital s. papel fotográfico, 30 x 45 cm, 2009.

 

Exposición colectiva 'Enarborar o bosque'
en Oleiros (A Coruña), 2011

Do 22 ao 31 de agosto de 2011.
No Castelo de Santa Cruz.
Horarios de visita: de luns a venres, de 10 a 14 h, e de 18 a 21 h.; sábados, de 11 a 14 h.; domingos, pechado.
Inauguración o luns 22 de agosto ás 20 h.

Invitación:

 

Cartel:

Máis información:

http://enarborarobosque.blogspot.com

http://www.ceida.org/novidades/2011/08/17/inauguracion-da-exposicion-enarborar-bosque.html

http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/enarborar-bosque.html

http://www.arteu.es

http://arteu.blogaliza.org/enarborar-o-bosque/

http://axendaaelg.blogaliza.org/2011/08/19/santa-cruz-oleiros-recital-poetico-musical-na-inauguracion-de-enarborar-o-bosque/

http://www.uicn.es/content/view/340/32/lang,spanish/

http://www.crtvg.es/esta-pasando/o-castelo-de-santa-cruz-na-localidade-corunesa-de-oleiros-acolle-desde-hoxe-a-exposicion-enarborar-o-bosque

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/08/23/59-artistas-exponen-obras-bosques-santa-cruz/525700.html

http://www.poesiagalega.org/novidades/axenda/evento/f/1119/

http://elbuenoasis.blogspot.com/2011/08/axenda-enarborar-o-bosque.html

http://comunidad.laopinioncoruna.es/galeria-multimedia/Exposicion/Exposicion-Enarborar-Bosque/31284/1.html

http://www.socialia.org/portal/site/WINS003/menuitem.f769a3cba1eccbab46a046a051d001ca/?vgnextoid=ab1193b20459c110VgnVCM1000000b0d10acRCRD&idCeleb=100004668

http://solidarizate.novacaixagalicia.es/portal/site/WINS004/menuitem.8f268a743fd822261d741d7451d001ca/?vgnextoid=b679ac8c470f1310VgnVCM100000140d10acRCRD&i18n.http.lang=gl

http://agenda.galiciadigital.com/content/exposición-colectiva-enarborar-o-bosque

 

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/06/05/0003_201106S5C13997.htm

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/06/06/0003_201106S6C2995.htm

http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/anarborar-bosque/idEdicion-2011-06-10/idNoticia-677396/

http://www.delisanchez.com/6.html

http://nolosuarezartes.blogspot.com/2011/06/enarborar-o-bosque.html

 

© Os dereitos de autoría desta páxina corresponden á persoa referenciada nela.

 

Volver á páxina índice