Con este certame búscase:
* Fomentar, arredor da promoción da saúde, unha actividade creativa e positiva, combinando arte, ciencia e sociedade, e establecendo un espazo aberto no que as persoas participantes xoguen un papel fundamental.
* Invitar á xente a reflexionar sobre a promoción da saúde e os hábitos de vida saudables, cada vez máis importantes na sociedade do século XXI.
* Integrar a Universidade nas actividades sociais de vangarda, para facer posible que se traballe sobre un tema non só co seu estudo (aspecto máis científico-técnico e obxectivo) senón tamén coa súa expresión máis íntima (aspecto máis subxectivo), e que este traballo sexa o máis participativo posible.
* Abrir vías de colaboración entre os grupos de investigación da universidade e os seus proxectos, e os grupos sociais, habitualmente máis lonxe dos estamentos científicos e máis preto das persoas dunha poboación determinada.
A Arte Postal é un movemento planetario de intercambio e, sobre todo, de comunicación, a través do correo.
Os seus antecedentes atopámolos no primeiro cuarto do século XX (1928), e a súa meirande contribución á humanidade non é a de deseñar un estilo concreto, nin a produción de obras de arte, senón a creación dunha rede de comunicación e intercambio onde, de xeito aberto, as persoas, artistas ou non, pero sempre interesadas no tema do que se trate, reciben información, dan información e exprésanse libremente. É unha rede viva que reflicte os cambios producidos na sociedade; utilizada en ocasións como instrumento de concienciación, e que permite observar os diferentes camiños que toma a sociedade grazas á súa condición cambiante (unha das características da Arte Postal é a súa adaptabilidade).
Arte Postal,
datos e convocatorias (enlace)
|