Persoas
Medicina e Arte
en Galicia
Mario Hortas Guldrís
[Fotografía nos premios ‘I Certamen Iberoamericano de las Artes’ da Fundación Patronato de Huérfanos de Médicos 'Príncipe de Asturias'. Ver información abaixo.]
Nacín en Santiago de Compostela (A
Coruña).
Resido en Vigo (Pontevedra) dende
1978.
Licenciado
e graduado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especialista en Radiodiagnóstico.
Radiólogo do hospital POVISA de Vigo (Pontevedra).
Vicepresidente 3º do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Pertenzo a Asociación Española de Médicos Escritores y Artistas (ASEMEYA).
Escultor autodidacta. A primeira vez que collín un cicel e unha maceta, deixadas “ata o luns” por un canteiro diante da pedra, déronme arelas de probalas, e atopei a miña vocación, fixen un neno de granito que semellaba respirar.
O meu traballo
enmárcase nunha liña de experimentación co granito cunha marcada identidade
galega, no que se deu en chamar “estética do granito”.
As miñas esculturas caracterízanse polas liñas redondeadas, con referencias á
arte románica; nelas pódense destacar as maternidades, a imaxinería popular, ata
chegar a formulacións próximas a artistas como Brancusi, Noguchi ou Henry Moore,
con tendencia cara á abstracción, na que combino a sutileza típica galega cunha
refinada sofisticación minimalista.
É este un oficio que combina clasicismo e modernidade, aínda que en temas aparentemente sinxelos, nos que sempre intento alcanzar a ‘cuarta dimensión’, isto é, establecer entre a miña obra e o observador sensible unha química, unha relación de emocións e sentimentos.
“É unha profunda atracción telúrica -¿atavismo?- cara á Galicia. Así sáelle, sempre, iso que demos en chamar galeguidade, isto é galego, que ten a súa pegada no que coñecemos como o noso románico”.
Son pouco proclive a expoñer, aínda que xa en 1999 a miña obra foi seleccionada no Certame de Artes Plásticas (Novos Valores) de Pontevedra.
EXPOSICIÓNS:
2007 - ‘Encontros. Pintura, escultura e gravado’. Colectiva. Na Casa Galega da Cultura, Vigo (Pontevedra). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).
2008 - ‘Latexos. Pintura, escultura e gravado’. Colectiva. Na Capitanía Marítima, Baiona (Pontevedra). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).
2008-2009 - ‘Médicos Artistas Plásticos de Galicia no Camiño’. Colectiva. Itinerante polo Camiño de Santiago:
Ø
polos concellos galegos do Camiño Francés,
provincias de Lugo e A Coruña:
o
Palas de Rei, na Sala de Exposicións do Centro
Comarcal, e na Sala de Exposicións do Concello;
o
Monterroso, na Sala de Exposicións do Concello;
o
Sarria, na Casa da Cultura;
o
Pedrafita, no Centro de Artesanía;
o
Samos e Triacastela, no Mosteiro de Samos;
o
Paradela, no Centro Sociocultural;
o
Portomarín, na Casa da Cultura;
o
Melide, no Edificio Multiusos;
o
Arzúa, na Capela da Madanela;
o
O Pino, ca Casa da Cultura;
o
Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural
Caixa Galicia;
Ø en Lugo, no Museo Provincial.
2009 - ‘Médicos Artistas Plásticos de Galicia’. Colectiva. Na Sala de Exposicións de Caixanova, O Barco de Valdeorras (Ourense).
- ‘Medicina e Arte, outro Camiño’. Colectiva. Na Igrexa da Madalena (Local Social da Madalena), Ribadavia (Ourense).
2010 - ‘Traballando a pedra - (Mariñando a arría)’. Na Casa do Curro, Monçao (Portugal). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).
2010 - ‘Olladas’. Colectiva. No Centro Cultural, A Guarda (Pontevedra). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).
2011 - ‘Arria e Volandina’. No Centro Social Novacaixagalicia, Vigo (Pontevedra). (Ver información dela nesta mesma páxina, máis abaixo).
- ‘Medicina e Arte’. Colectiva. No Centro Multifuncional do Concello, O Carballiño (Ourense).
- ‘Medicina e Arte’. Colectiva. Na Sala de Exposicións do Concello, O Rosal (Pontevedra).
PREMIOS:
2009 - Accésit en escultura. ‘I Certamen Iberoamericano de las Artes’. Fundación Patronato de Huérfanos de Médicos ‘Príncipe de Asturias’, Colegios Médicos. Madrid.
Máis información deste premio:
http://www.cgcom.org/noticias/2009/06/09_06_05_exposiciones
http://www.cgcom.es/iberoamericanoI
http://app.igape.es/prensa/modif_ver_pdf.asp?pdf=EYHM-5262
http://www.psn.es/externos/medipont/revista/Revista2actividades.pdf
Premede sobre esta imaxe para ver fotos do premio:
http://www.medicosescritoresyartistas.com/marco03.htm
http://www.seram.es/com_cientifica_asesores.php
http://www.doyma.es/revistas/ctl_servlet?_f=7064&ip=83.165.109.60&articuloid=13080274
http://www.lukor.com/not-esp/locales/0508/19104503.htm
Un alto no camiño. Granito, 36 x 36 x 17 cm, 1998.
Preñez. Granito, 45 x 18 x 11 cm, 1998.
Igrexa. Granito, 46 x 24 x 12 cm, 2000.
Exposición colectiva 'Encontros. Pintura, escultura e gravado.'
en Vigo (Pontevedra), 2007
Do 8 de xuño ao 8 de xullo de 2007.
Na Casa Galega da Cultura.
Neno. Granito, 32 x 40 x 17 cm, 2005.
Máis información:
http://www.20minutos.es/noticia/245593/0/charla/exposicion/pintura/
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3020_21_142139__Agenda-hacer-Vigo
Exposición colectiva 'Latexos. Pintura, escultura e gravado.'
en Baiona (Pontevedra), 2008
Do 15 ao 30 de xullo de 2008.
Na Capitanía Marítima.
Namorados. Granito, 48 x 38 x 18 cm, 2008.
Máis información:
http://www.baiona.org/?502,1,100442
Exposición 'Traballando a pedra' ('Mariñando a Arría')
en Monçao (Portugal), 2010
Do 2 ao 30 de marzo de 2010.
Na Casa do Curro (Praça Deu-La-Deu).
Inauguración o sábado 6 de marzo ás 17,30 h. (hora española).
Exposición colectiva 'Olladas'
na Guarda (Pontevedra), 2010
Do 19 ao 31 de xullo de 2010.
No Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, s/n).
Horario de visitas: de luns a venres de 9 a 14 h e de 17 a 20 h.; sábados
de 10 a 13 h.
Exposición 'Arria e Volandina'
en Vigo (Pontevedra), 2011
Do 23 de febreiro ao 20 de marzo de 2011.
Na Sala de Exposicións III do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo
Sanz, 24-26).
Horario de visitas: de luns a venres de 9 a 14 h e de 17 a 20 h.; sábados
de 10 a 13 h.
Inauguración o mércores 23 de febreiro ás 19,30 h.
© Os dereitos de autoría desta páxina corresponden á persoa referenciada nela.